O Consello de Galiza, subtitulado Boletín Oficial Informativo, foi unha publicación en galego do Consello de Galiza, o organismo no exilio fideicomisario da vontade de autogoberno galego que se lexitimaba no plebiscitado Estatuto de autonomía de Galiza de 1936. Foi publicado en Buenos Aires no período entre 1963 e 1967. Da súa redacción encargáronse Moisés da Presa, Luís Guede Rodríguez, Manuel Pedreira Rumbo, Ricardo Flores e Manoel Pazos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas O boletín no Arquivo Municipal de Betanzos (Fondo Alvajar)
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Prensa escrita en lingua galega Categoría:Século XX en Galicia Categoría:Cultura de Buenos Aires