Carlos Fernández-Novoa Rodríguez, nado na Estrada en 1930 e finado no mesmo concello o 30 de setembro de 2015, foi un xurista e catedrático galego, experto en propiedade industrial e propiedade intelectual.
Traxectoria Foi catedrático de Dereito Mercantil e Industrial da Universidade de Santiago de Compostela entre 1964 e 2000. En 1966 fundou a Escola de Dereito Mercantil en España na Universidade de Santiago de Compostela, que foi consolidada no 1974 coa publicación do primeiro número da revista Actas de Derecho Industrial.
Creou a Cátedra de Innovación e Propiedade Industrial “Carlos Fernández-Nóvoa” coa Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) e a Escola de Organización Industrial (EOI). Foi asesor da firma PONS Patentes y Marcas Internacional e Presidente de Honra do Máster de Propiedade Industrial e Intelectual da Universidade Rey Juan Carlos e a Fundación PONS. Dende 2012 foi académico da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación, unha institución formada por xuristas, catedráticos, maxistrados e notarios de maior peso a nivel español.
Obras Fundamentos de Derecho de Marcas (1984) El sistema comunitario de marcas (1995) Tratado sobre Derecho de Marcas (2001) Manual de Propiedad Industrial (2009) Jurisprudencia comunitaria sobre marcas (2009) Recoñecementos Premio Montero Ríos de Investigación Social, 1998. Doutor Honoris causa pola Universidade de Alcalá de Henares, 2010. Medalla Castelao da Xunta de Galicia, 2015. Cruz distinguida de San Raimundo de Peñafort e Presidente do xurado de Autocontrol. Véxase tamén
Ligazóns externas Editorial Reus Servicio Nacional de Derechos Intelecturales Ecuador Editorial Pons Medalla Castelao Universidad de Alcalá de Henares Premio Montero Rios Autores galegos na BUSC
Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados na Estrada Categoría:Finados en 2015 Categoría:Xuristas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela