A historia do Reino Unido abrangue a historia do Reino Unido e a dos seus estados predecesores.

O Reino Unido é o estado soberano constituído polos territorios históricos de Gran Bretaña: Inglaterra, Escocia e Gales, así como Irlanda do Norte, no nordeste da illa de Irlanda. O Reino Unido posúe ademais tres Dependencias da Coroa e catorce territorios de ultramar que non son constitucionalmente parte do estado. Estes territorios son vestixios do Imperio Británico, que alcanzou a súa máxima extensión en 1922, cubrindo case un cuarto da superficie emerxida do mundo, que o converte no imperio máis extenso da historia.

O estado comezou a tomar a súa forma actual coa Lei de Unión en 1707, que uniu o Parlamento de Inglaterra co Parlamento de Escocia para crear o unificado "Reino de Gran Bretaña". Posteriormente, a Lei de Unión de 1800 xuntou o Reino de Gran Bretaña co Reino de Irlanda para crear o "Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda".

En 1922, o Estado Libre Irlandés conseguiu a súa independencia, deixando Irlanda do Norte como parte integrante do Reino Unido. Como resultado, dende 1927 o título formal de Gran Bretaña é "O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte" (The United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland).

Idade Media

Conquista inglesa de Gales miniatura|dereita|190px|Eduardo I de Inglaterra O Gales medieval en poucas ocasións formou unha entidade política única, senón que estivo baixo o control de diversos principados locais. Cando os normandos, cobizosos de terras, invadiron Inglaterra, comezaron a facer incursións dentro das relativamente febles fronteiras galesas, establecendo un número de señoríos na parte máis oriental do país e nas zonas limítrofes. En resposta, os galeses, que aínda mantiñan o control do norte e oeste do país, comezaron a unirse baixo o mando de líderes como Llywelyn o Grande, que se denominaba a si mesmo "Príncipe de todo Gales do Norte" en 1199.

En 1282, o rei Eduardo I de Inglaterra (1272–1307) conquistou finalmente os últimos principados galeses que resistían no norte e oeste do país (unha zona que se corresponde aproximadamente cos actuais condados de Anglesey, Caernarfonshire, Merionethshire, Ceredigion e Carmarthenshire). O Estatuto de Rhuddlan estableceu formalmente a soberanía de Eduardo sobre Gales dous anos despois. Para apouvigar os galeses, o fillo de Eduardo (futuro Eduardo II), que nacera en Gales, converteuse no príncipe de Gales o 7 de febreiro de 1301. Gales, entón, adquiriu o status de principado, que se mantivo oficialmente entre 1284 e 1536. A tradición de outorgarlle o título de princesa ou príncipe de Gales ao herdeiro da monarquía británica continúa na actualidade.

Entre 1284 e 1536 a Coroa só tivo control indirecto sobre o principado, e os señores das Marcas, que gobernaban señoríos independentes ao leste e sur de Gales, mantivéronse independentes do manexo directo da Coroa. O poder dos señores Marcher rematou en 1535, cando se completou a unión política e administrativa de Inglaterra e Gales. As leis coñecidas como Leis de Gales de 1535 (Laws in Wales Act) anexionaron Gales ao sistema legal de Inglaterra, e dividiron as Marcas nos condados de Brecon, Denbigh, Monmouth, Montgomery e Radnor, aos que se lles engadiron partes de Gloucester, Hereford e Salop. As Leis de Gales de 1542 non mencionan o condado de Monmouth e non aclara se este pertence a Inglaterra ou a Gales. Este marco legal ampliouse coa Lei de Inglaterra tanto para Inglaterra coma para Gales (Law of England to both England and Wales), que fixo do inglés a única lingua tolerada para propósitos oficiais. Isto excluíu o idioma galés da oficialidade e afastou a moitos galeses de cargos oficiais.

Conquista inglesa de Irlanda 140px|miniatura|Henrique III A conquista de Irlanda comezou en 1169 liderada por Henrique II (1154–1189). Ao primeiro, non foi estritamente levada a cabo por un conquistador inglés, senón por un pequeno grupo de normandos que nin eran ingleses nin actuaron no nome da Coroa inglesa. Un barón normando, a quen desposuíran das súas terras, natural de Gales, Richard de Clare, coñecido como Strongbow, asociouse co exiliado rei irlandés, Diarmait Mac Murchada, para axudalo a recuperar o seu reino de Leinster. Os normandos, en consecuencia, afianzaron a súa presenza territorial en Irlanda, conseguindo Dublín en 1170. O éxito de Strongbow alarmou a Henrique II, que tiña medo de que se fixese poderoso de máis. Henrique invadiu Irlanda en 1171 e Dublín e malia a súa periferia foron sometidas baixo o seu control.

Idade Moderna En 1541, ordenóuselle ao Parlamento irlandés que mudase o status de Irlanda a reino, co rei Henrique VII (1509-1547) como monarca; Henrique comezou a proclamarse Rei de Irlanda ao pouco tempo, o que deu lugar á unión das coroas. No século XVI, a dinastía dos Tudor expandiu o seu control sobre Irlanda dende a pequena localidade de Pale, preto de Dublín, ata controlar a illa enteira en 1603. A reconquista de Irlanda polos Tudor desencadeou episodios de violencia a grande escala, culminando nas Rebelións Desmond e na Guerra dos Nove Anos. Outra característica do século XVI foi o establecemento de asentamentos ingleses de Irlanda, cos que tentaron estender a súa influencia dentro do país, confiscando as terras dos terratenentes irlandeses e asentando colonias inglesas no seu lugar.

Unión das Coroas de Inglaterra e Escocia miniatura|200px|Xacobe I Escocia foi, ata 1707, un reino independente, que procurou durante séculos resistir as tentativas inglesas de interferir nos seus asuntos interiores e exteriores. Por mor do clima, a orografía e a densidade de poboación, o Reino de Escocia era economicamente e militarmente inferior ao seu veciño meridional, o Reino de Inglaterra. A "Vella Alianza" (esc. Auld Alliance) con Francia foi motivo de grave preocupación para os sucesivos gobernos e monarcas ingleses e a necesidade de illar Escocia da Francia católica e romana foi un dos motivos impulsores da política exterior de Inglaterra, particularmente durante a Reforma escocesa.

Nos tempos da Reforma escocesa estouraron diversos conflitos entre a antiga relixión, o catolicismo, e a nova, o (calvinismo). A controvertida raíña católica de Escocia, María I (coñecida popularmente como María, raíña dos escoceses), foi forzada a abdicar nun golpe de estado e a exiliarse en Inglaterra, deixando o seu fillo e herdeiro, Xacobe, ao coidado de gardiáns protestantes. Dado que os católicos ingleses tiñan dúbidas sobre a lexitimidade do casamento entre Henrique VIII e Ana Bolena, María I de Escocia foi vista por moitos como unha herdeira máis lexítima ao trono inglés cá súa curmá protestante, Isabel I de Inglaterra. O bisavó de María era o avó de Isabel, Henrique VII, grazas a unha alianza temperá entre Inglaterra e Escocia. A raíña Isabel I deixou a súa curmá María baixo arresto domiciliario e finalmente, entre rumores dunha conspiración católica para destronala, executouna alegando cargos de traizón. A raíña Isabel I morreu en 1603, sen herdeiro directo ao trono. Xacobe, nesa altura rei lexítimo de Escocia, sucedeu a súa curmá Isabel no trono inglés en 1603 e asumiu o título de rei Xacobe I de Inglaterra a carón do anterior de Xacobe VI. O rei Xacobe, a miúdo coñecido como Xacobe I e VI, recoñeceu a Casa de Estuardo como a familia real de Gran Bretaña, aínda que ambos reinos continuaron a manter parlamentos independentes. Nos 100 anos seguintes, e malia unión das coroas, fortes diferenzas relixiosas e políticas seguiron a dividir os reinos, e producíronse diversos enfrontamentos militares entre uns e outros.

Goberno republicano (1649) A maioría de idade do fillo de Xacobe VI, Carlos I, en 1625, marcou o comezo dun profundo cisma entre o rei e o Parlamento. A adhesión de Carlos á doutrina do divino dereito dos reis alimentou o enfrontamento entre o monarca e a cámara, e culminou na Guerra Civil Inglesa (1642–1649). O rei foi executado e abriuse un período de goberno coñecido como a Comunidade do Parlamento (1649–1653), á que seguiu un período de goberno persoal do veterano parlamentario Oliver Cromwell como lord protector. O novo réxime non foi ben acollido pola poboación, e a morte de Cromwell deixou paso, logo do breve goberno do seu fillo Richard Cromwell (1658-1659), á volta ao sistema anterior ao protectorado de Cromwell. En última instancia, a vontade de estabilidade política impulsou ao Parlamento a negociar a restauración da monarquía na persoa do fillo de Carlos, Carlos II. Este período, que comprende dende as primeiras crises entre Carlos I e o Parlamento en 1620 ata a Restauración en 1660, coñécese como a Revolución Inglesa.

No período da Comunidade do Parlamento produciuse a anexión de Irlanda e Escocia por Inglaterra e a súa autonomía lexislativa foi abolida. A autonomía de Irlanda, en particular, viuse alterada constantemente a causa do período da guerra civil, cando a súa clase terratenente de irlandeses católicos locais foi desposuída das súas terras pola conquista por Cromwell e substituída por unha clase gobernante de británicos protestantes. Tanto Irlanda coma Escocia recuperaron a súa simbólica autonomía de Londres coa Restauración. Porén, a era das guerras dos tres reinos percorreu un longo camiño ata establecer a hexemonía inglesa sobre os outros dous baixo a monarquía dos Estuardo.

Lei de Unión (1707) Para unha integración política máis profunda foi crucial a política de Ana de Gran Bretaña, (1702–1714), que accedeu ao trono en 1702 como a derradeira monarca Estuardo de Inglaterra e Escocia, e de feito ela foi a única monarca Estuardo de Gran Bretaña. Mercé á Raíña e os seus conselleiros redactouse o Contrato de Unión en 1706 e as negociacións entre Inglaterra e Escocia comezaron en serio.

As circunstancias en que Escocia aprobou o contrato foron polémicas. Os defensores escoceses crían que o Contrato remataría na imposición dunha Unión baixo termos menos favorables para eles. Houbo un fero debate a ambas beiras da fronteira durante meses onde, particularmente en Escocia e en concreto en Edimburgo, estivo a piques de desembocar nun conflito civil. A posibilidade da unión dos reinos era amplamente rexeitada pola poboación escocesa, pero o desastre financeiro Darien Scheme fixo que o Parlamento de Escocia a piques de ir á bancarrota aceptase, ao seu pesar, as proposicións.

En 1707, a Lei de Unión (Acts of Union) recibiron unha sanción real, e abolíanse tanto o Parlamento de Inglaterra coma o Parlamento de Escocia para crear un único Reino de Gran Bretaña cun único Parlamento de Gran Bretaña. Ana converteuse formalmente na primeira ocupante do unificado trono británico e Escocia enviou 45 parlamentarios á nova cámara de Westminster. Quizais, o maior beneficio de Unión para Escocia foi que comezou a aproveitar o libre comercio coas colonias inglesas de ultramar. Pola outra parte, Inglaterra gañou un posible aliado en contra de estados europeos hostís.

Pola contra, certos aspectos dos antigos reinos independentes permaneceron separados. Hai institucións escocesas e inglesas que non foron fusionadas dentro do sistema británico. Os territorios conservaron cadanseu sistema xudicial e bancario. A Igrexa de Escocia presbiteriana e Igrexa de Inglaterra anglicana tamén permaneceron separadas da mesma maneira que os sistemas de educación. Un aspecto particular das Leis de Unión, foi o renomeamento de Escocia e Inglaterra como "Bretaña do Norte" (North Britain) e "Bretaña do Sur" (South Britain) respectivamente. Estes novos nomes non callaron entre a poboación e caeron en desuso rapidamente. En Inglaterra porén, os termos "Inglaterra" e "Bretaña" a miúdo continúan a ser intercambiables. A situación non se repite en Escocia pola contra.

Reino Unido

Lei de Unión (1800) miniatura|dereita|250px|A bandeira de Gran Bretaña é unha mestura das bandeiras de Escocia, Inglaterra e Irlanda