Ibtesam Saeed Badhrees, nada en Jeddah (Arabia Saudita), é unha investigadora experimental de física de partículas en King Abdulaziz City for Science and Technology (KACST) e unha Distinguished Fellow do New Westminster College.
Foi a primeira e na actualidade única muller saudita do CERN. Ademais é a única muller saudita cun doutoramento que traballa no Centro Nacional de Matemáticas e Física no King Abdulaziz City for Science and Technology. As súas áreas de investigación son física de partículas, astrofísica, física médica e física nuclear. Badhrees tamén traballa como profesora adxunta na Universidade de Carleton en Ottawa, Canadá.
Traxectoria Ibtesam Badhrees naceu en Yeda, Arabia Saudita. graduouse en física na Universidade do Rei Abdulaziz en 1990 e obtivo unha mestría en física aplicada/láser na Universidade Fairleigh Dickinson en 1997. Completou o seu doutoramento en física de partículas na Universidade de Berna en 2011. Tamén obtivo un doutoramento en relacións internacionais da Escola de Diplomacia e Relacións Internacionais de Xenebra. Recibiu o premio á excelencia académica Misión Cultural Saudita en 1996, 1997, 2007 e foi nomeada "Física do Mes" en agosto de 2014 pola American Physical Society.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Mulleres en física
Categoría:Alumnos da Universidade de Berna Categoría:Físicos cuánticos Categoría:Nados en Arabia Saudita