Jorge Antonio Pueyo Losa, nado en Santiago de Compostela o 28 de outubro de 1952, é un xurista e profesor galego. Foi catedrático do departamento de Dereito público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago de Compostela, na área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais. Traxectoria Doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 coa tese El archipiélago oceánico: regulación jurídico-marítima internacional, dirixida por José Luis de Azcárraga Bustamante, editada pola USC en 1980 e pola Internacional Law Association (Sección Española) no 1981.

Conta con números artigos publicados en revistas e colaboracións en obras colectivas. É tamén autor de varios libros e tamén director das teses doutorais, entre outras de Miguel Arenas Meza, Julio Jorge Urbina, Isabel Lirola Delgado, Carlos Teijo García, profesores da Universidade de Santiago de Compostela na mesma área.

O 12 de xaneiro de 1987, foi nomeado catedrático da área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais pola Universidade de Estremadura, e o 4 de decembro de 1887 foi nomeado catedrático desa mesma área pola Universidade de Cantabria.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Autores Galegos na BUSC Nomeamento da Universidade de Extremadura DOE n.º 6 de 22/1/1987 Nomeamento da Universidade de Cantabria BOE n.º 298 de 14/12/1987 .

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Xuristas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes