PadmasambhavaEn sánscrito Padmasambhava; en tibetano པདྨ་འབྱུང་གནས། transliterado 'byung gnas (EWTS); en mongol ловон Бадмажунай, lovon Badmajunai; en , transliterado en pinyin Liánhuāshēng (literalmente, "o que chegou a ser nun loto"), tamén coñecido como Guru Rinpoche, foi un mestre budista do século VIII do subcontinente indio. Aínda que houbo un Padmasambhava histórico, sábese pouco del á parte de que axudou na construción do primeiro mosteiro budista no Tíbet en Samye, a petición de Trisong Detsen, e de que pouco despois abandonou o Tíbet debido ás intrigas da corte.

Apareceron numerosas lendas arredor da vida e dos feitos de Padmasambhava, e é amplamente venerado como un "segundo Buda" polos seguidores do budismo tibetano.

No budistmo tibetano é o protagonista dun xénero literario chamado terma,Schaik, Sam van. Tibet: A History. Yale University Press 2011, páxinas 34-5, 96-8. que emana do Amitābha que se di que se apareceu aos tertöns en encontros visionarios e o centro da práctica do guru yoga, particularmente nas escolas do movemento Rimé. A escola Nyingma considera a Padmasambhava como o fundador da súa tradición.

Fontes históricas Unha das primeiras fontes para a figura histórica de Padmasambhava é o testamento de Ba, datado nos séculos IX ou X, que conta a fundación do mosteiro de Samye baixo o reinado de Trisong Detsen, que abrangue os anos 755–797/804).van Schaik, Sam; Iwao, Kazushi (2009). "Fragments of the Testament of Ba from Dunhuang". Journal of the American Oriental Society. 128 (3): 477–487. ISSN 0003-0279 Outros textos de Dunhuang mostra que as ensinanzas tántricas de Padmasambhava estaban a ser ensinadas no Tíbet durante o século X. Novas evidencias suxiren que Padmasambhava xa figuraba en mitos e rituais relixiosos, e probablemente era visto como a fonte iluminada das escrituras tántricas máis de douscentos anos antes de Nyima Özer (1136-1204).Cantwell, Cathy;Mayer, Rob; REPRESENTATIONS OF PADMASAMBHAVA IN EARLY POST-IMPERIAL TIBET(pg.22). https://ocbs.org/wp-content/uploads/2015/08/Cantwell-Mayer-Early-Representations-of-Padmasambhava-copy.pdf

Traxectoria Segundo a tradición, Padmasambhava manifestouse como un raio de luz que proviña do corazón de Buda Amitābha, como un neno de oito anos que apareceu nunha flor de loto (en sánscrito: padma) sobre o lago Dhanakosha, situado en Oddhiyana.Trungpa (2001) 26. Mentres algúns estudosos sitúan este reino no val do Swat no actual Paquistán, fixéronse estudos literarios, arqueolóxicos e iconográficos que o sitúan no actual estado de Odisha na India. Foi atopado polo rei Indrabodhi, que como non tiña fillos o adoptou como tal.Morgan (2010) 208.Tsogyal (1973) volume I deals with Padmasambhava's life in India. Nunha ocasión, durante unha danza sagrada realizada fronte á corte, no seu delirio deixou escapar ou lanzou o seu tridente ritual (kathvanga) matando no acto a esposa e o fillo non nacido dun dos ministros do seu pai. Por esta razón foi desterrado da corte e residiu en cemiterios empregando o estilo dun iogui tántrico.

Tras recibir diversas ensinanzas das dakinis que residían nos cemiterios, atopou a súa primeira discípula e consorte, Mandarava, coa que desenvolveu o poder de transcender o ciclo do nacemento e da morte practicando na cova sagrada de MaratikaMaratika (norte do Nepal). A súa sona chegou ata Trisong Deutsen, 38.º rei do Tíbet, grazas á suxestión de Khenpo Bodhisattva, coñecido como o abade Shantarakshita, para axudar a controlar os espíritos malignos que se opuñan á construción do mosteiro de Samye provocando unha seca en Lhasa. O rei convidou a Padmasambhava ao Tíbet onde empregou os seus poderes tántricos para dominar as eidades malignas que atopou polo camiño e finalmente recibiu a esposa do emperador, identificada como a princesa tibetana dakini Yeshe Tsogyal, como discípula e consorte.'Guru Rinpoche' and 'Yeshe Tsogyal' in: Forbes, Andrew ; Henley, David (2013). The Illustrated Tibetan Book of the Dead. Chiang Mai: Cognoscenti Books. B00BCRLONM Isto concordaba co principio tántrico de non eliminar as forzas negativas, senón empregalas para reforzar a viaxe cara ao espertar espiritual.

Fundou o primeiro mosteiro no Tíbet en Samye, instruíu os primeiros monxes non Gran Selo ou Mahamudra, e introduciu os leigos na práctica do budismo tántrico (Vajrayana).Schaik, Sam van. Tibet: A History. Yale University Press 2011, page 96.

En Bután, Padmasambhava está asociado ao célebre mosteiro de Taktshang ou gorida do tigre, construído nun cantil de cincocentos metros por riba da superficie do val de Paro. Voou ata alí dende o Tíbet na forma sutil de Dorje Trollo a lombos da súa consorte, Yeshe Tsogyal, a quen transformou nun tigre voador para a viaxe. Despois desprazouse ao distrito de Bumthang para apazugar unha poderosa deidade ofendida por un rei local.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Dudjom Rinpoche The Nyingma School of Tibetan Buddhism: Its Fundamentals and History. Translated by Gyurme Dorje and Matthew Kapstein. Boston: Wisdom Publications. 1991, 2002.

Jackson, D. (1979) 'The Life and Liberation of Padmasambhava (Padma bKaí thang)' en: The Journal of Asian Studies 39: 123-25 Jestis, Phyllis G. (2004) Holy People of the World Santa Barbara: ABC-CLIO. Kinnard, Jacob N. (2010) The Emergence of Buddhism Minneapolis: Fortress Press. Laird, Thomas. (2006). The Story of Tibet: Conversations with the Dalai Lama. Grove Press, Nova York. Morgan, D. (2010) Essential Buddhism: A Comprehensive Guide to Belief and Practice Santa Barbara: ABC-CLIO.

Taranatha The Life of Padmasambhava. Shang Shung Publications, 2005 Thondup, Tulku. Hidden Teachings of Tibet: An Explanation of the Terma Tradition of the Nyingma School of Tibetan Buddhism. Londres : Wisdom Publications, 1986. Trungpa, Chögyam (2001). Crazy Wisdom. Boston: Shambhala Publications. Tsogyal, Yeshe. The Life and Liberation of Padmasambhava. Padma bKa'i Thang. Dous volumes. 1978. e Tsogyal, Yeshe. The Lotus-Born: The Lifestory of Padmasambhava Pema Kunsang, E. (trad.); Binder Schmidt, M. & Hein Schmidt, E. (eds.) primeira edición, Boston: Shambhala Books, 1993. Reimpresión: Boudhanath: Rangjung Yeshe Publications, 2004. Wallace, B. Alan (1999), "The Buddhist Tradition of Samatha: Methods for Refining and Examining Consciousness", Journal of Consciousness Studies 6 (2-3): 175-187 Zangpo, Ngawang. Guru Rinpoche: His Life and Times. Snow Lion Publications, 2002

Ligazóns externas New World Encyclopedia, Padmasambhava

Categoría:Budismo