O templo de Kukulkán (estrutura tamén coñecida co nome de «El Castillo», debido a que os conquistadores españois no século XVI buscaban algunha similitude arquitectónica coas existentes no continente europeo), é un edificio prehispánico situado na península do Iucatán, no actual estado do mesmo nome. O actual templo foi construído no século XII d. C. polos maias itzaes na súa capital, a cidade de Chichén Itzá, fundada orixinalmente no século VI d. C. O seu deseño ten unha forma xeométrica piramidal; ten nove niveis ou baseamentos, catro fachadas principais cada unha cunha escalinata central, e unha plataforma superior rematada por un templete. Nesta construción rendeuse culto ao deus maia Kukulkán (en lingua maia: Serpe Emplumada), razón pola cal poden apreciarse motivos serpentinos na decoración arquitectónica. Por outra banda tamén ten simbolismos que fan alusión aos números máis importantes utilizados no calendario solar agrícola, o calendario Tzolkin (calendario sacro) e a roda calendárica. A aliñación da construción da pirámide permite que se poidan observar diversos fenómenos de luz e sombra, os cales se producen no seu propio corpo durante os equinoccios e solsticios cada ano.

En 1988, a UNESCO declarou a cidade maia de Chichén Itzá como Patrimonio da Humanidade. Case 20 anos despois, o cineasta suízo Bernard Weber convocou por medio da New Open World Corporation unha «elección global» (isto é, baseada en Internet e na que teoricamente calquera con acceso á rede podía votar) para elixir as Novas marabillas do mundo, resultando elixido o templo de Kukulkán desde o 7 de xullo de 2007 como unha das «Novas sete marabillas do mundo contemporáneo». Cabe mencionar que foi esta estrutura —e non o sitio arqueolóxico na súa totalidade— a que resultou gañadora. Esta confusión débese a que a pirámide de Kukulcán é unha das principais estruturas do lugar.

Dimensións miniatura|Tamaño comparativo do templo de Kukulkán coa pirámide do Sol de Teotihuacan e a pirámide de Gizeh. En comparación coa pirámide de Gizeh en Exipto, ou mesmo coa pirámide do Sol de Teotihuacan, as dimensións da pirámide de Kukulkán son pequenas.

En canto á altura, a pirámide de Gizeh mide aproximadamente 147 m e a do Sol, 65 m sen incluír os supostos 10 metros que tería o seu templete; pola súa banda, a altura da pirámide de Kukulkán alcanza os 24 m até a plataforma superior, máis 6 m do seu templete para lograr 30 m como máximo. A base da construción exipcia ten medidas aproximadas de 226,5 m, mentres que a do Sol alcanza os 225 m. Pola súa banda, a pirámide de Kukulkán só mide 55,3 m nas bases das súas fachadas.

De tal forma, as medidas da pirámide de Kukulkán non rivalizan con outras construcións similares no mundo; incluso a pirámide de Tikal (47 m) é máis alta. Son as súas características arquitectónicas, os seus simbolismos calendáricos e astronómicos os que a destacan de forma particular.

Interior do templo En 1566 o templo foi descrito por frei Diego de Landa no manuscrito coñecido como Relación de las cosas de Yucatán; case tres séculos máis tarde John Lloyd Stephens describiu de maneira máis minuciosa a arquitectura da pirámide no seu libro Incidentes del viaje a Yucatán, obra publicada en 1843. Nesa época a zona arqueolóxica de Chichén Itzá atopábase dentro dunha facenda que tiña o mesmo nome, e era propiedade de Juan Sosa. O libro decorado con litografías de Frederick Catherwood amosa a pirámide cuberta de abundante vexetación en todos os seus noiros. Existen fotografías tomadas a principios do século XX onde aparece a pirámide cuberta parcialmente con esta vexetación. esquerda|miniatura|Chac Mool na sala das ofrendas no interior do templo de Kukulkán miniatura|Escultura do xaguar (balam) na cámara de sacrificios no interior do templo de Kukulkán. O Instituto Carnegie de Washington (Carnegie Institution of Washington) solicitou en 1924 permiso ao Goberno mexicano para realizar exploracións e reconstrucións na zona de Chichén Itzá. En 1927, coa asistencia de arqueólogos mexicanos, iniciáronse os traballos. En abril de 1931, buscando confirmar a hipótese de que a estrutura da pirámide de Kukulkán atopábase construída sobre outra pirámide máis antiga, iniciáronse os traballos de escavación e exploración, a pesar da reticencia xeral da época. En gran medida, o arqueólogo José Erosa Peniche influíu na autorización desta exploración. O 7 de xuño de 1932 atopouse unha caixa con obxectos de coral e obsidiana e incrustacións de turquesa ao carón de restos humanos; os obxectos exhíbense no Museo Nacional de Antropoloxía da Cidade de México.

Despois de longos traballos, en abril de 1935 atopouse no interior do templo unha figura de Chac Mool con incrustacións de cuncha nácara nas súas uñas, dentes e ollos. O recinto onde se realizou o achado foi bautizado como sala das ofrendas ou cámara norte. A só uns cantos metros, e tras máis dun ano de escavacións, en agosto de 1936 descubriuse un segundo recinto, o cal se bautizou co nome de cámara de sacrificios, dentro do cal se atoparon dúas fileiras de tibias humanas encaixadas de forma paralela ao fondo da cámara, e a escultura dun xaguar (Panthera onca) de cor vermella con 74 incrustacións de xade que simulan no corpo as manchas características da especie; os ollos son simulados con medias lúas da mesma pedra e os cabeiros e dentes están feitos de pedernal pintados de branco. No lombo atopábase un disco de turquesas, o cal aparentemente servía para queimar copal; ambas as figuras teñen a súa vista dirixida ao NNE (nor-nordés). Como conclusión determinouse a existencia dunha pirámide de medidas aproximadas de 33 metros de ancho, de igual forma que a exterior, con nove baseamentos e unha altura de 17 m até a plataforma do templete onde se atoparon o Chac Mool e o xaguar. Estímase que esta construción corresponde ao século XI d. C. Concluídos os traballos construíuse unha porta de acceso na balaustrada da escalinata exterior da fachada NNE para facilitar o acceso aos turistas. A pirámide interior máis antiga é referida como «subestrutura».

Simbolismos calendáricos esquerda|miniatura|Templo de Kukulkán en 1860, tal e como o atopou o arqueólogo francés Désiré Charnay. miniatura|Fachada NNE nor-nordés, poden observarse os 9 baseamentos, e gran parte dos paneis en baixorrelevo. Na parte superior do templete pode verse a única das 20 ameas que adornaban o teito, durante as cerimonias os maias itzáes adoitaban colocar 20 bandeiras de plumas. No inferior da escalinata central obsérvanse dúas cabezas de serpe emplumadas adornando o inicio ou final dos balaustres. O templo de Kukulkán, principal estrutura de Chichén Itzá, demostra os profundos coñecementos de matemáticas, xeometría, acústica e astronomía que os maias posuían. Ao ser unha sociedade inicialmente agrícola, os maias observaron con detemento o comportamento das estacións, as variacións das traxectorias do Sol e as estrelas, e combinando os seus coñecementos, lograron rexistralos na construción do templo dedicado ao seu deus Kukulkán.

Do mesmo xeito que as culturas mesoamericanas, a cultura maia utilizou un calendario agrícola solar ao que chamaban Haab, o cal conta con 18 meses ou uinales. Cada uinal ten 20 días ou kines. Desta forma o calendario comprende 18 x 20 = 360 días regulares ou kines, máis cinco días adicionais, considerados como nefastos, chamados uayeb.

O templo de Kukulkán conta con catro escalinatas; cada unha delas ten 91 chanzos. Desta forma suman 364 e considerando a plataforma superior do templo temos un total 365 unidades que representan os días do Haab.

O segundo calendario utilizado polos maias, chamado Tzolkin ou calendario sacro, consta de 13 meses e cada mes ten 20 días, de tal forma que este conta con 260 días.Descoñecese o nome orixinal en lingua maia do calendario sagrado, foi o maísta William Edmond Gates quen comezou a referilo baixo o nomee de Tzolkin . Os ciclos do Tzolkin e do Haab fusionáronse nunha roda calendárica de tal sorte que as combinacións de ambos se repiten cada 18 980 días (mínimo común múltiplo de 260 e 365) equivalentes a 52 anos, o que quere dicir que cada 52 ciclos do calendario Haab comeza a repetirse a combinación de ambos os calendarios.260 = 2 × 2 × 5 × 13; 365 = 5 × 73; 18 980 = 2 × 2 × 5 × 13 × 73.

Os números 18 (uinales), 20 (kines), 5 (uayeb) e 52 (ciclos) poden descifrarse de maneira máis complexa na pirámide de Kukulkán. O templo ten nove niveis ou baseamentos; se se observara de forma frontal calquera das fachadas, ao ter no centro da vista a escalinata, pódese multiplicar o número de baseamentos x 2, dando como resultado o número 18, correspondendo así aos 18 uinales do Haab. No templete superior da pirámide existían cinco adornos ou ameas en cada fachada; desta maneira tíñanse 20 ameas que representan os 20 días ou kines de cada uinal. En cada fachada, no peralte de cada baseamento atópanse paneis en baixorrelevo; no nivel máis alto son soamente dous paneis, os outros oito baseamentos contan con tres paneis, de tal forma que 3 x 8 = 24 + 2 = 26 paneis, que sumados aos outros 26 paneis do lado oposto da escalinata dannos un gran total de paneis por fachada de 52; é dicir, representan os 52 ciclos do Haab na roda calendárica. Como ornamentación, o edificio ten 260 cuadrángulos, que coinciden co número de días do calendario Tzolkin.Noticias de arquitectura , entrevista con Federica Sodi titular do INAH en Chichén Itzá

Desta forma, e acorde aos calendarios utilizados polos maias, pódese deducir que a pirámide non soamente está dedicada ao deus Kukulkán, senón que tamén observa a conta do tempo dando particular relevancia aos seus ciclos.

Acústica en escalinata Cara a finais do século XX o turismo en Chichén Itzá incrementouse e foi cando accidentalmente os guías de turistas descubriron un efecto acústico que se produce na escalinata NNE da pirámide. Se unha persoa aplaude de forma frontal á escalinata, o son do aplauso propágase cara ao peralte dos chanzos e rebota en forma de eco distorsionado; é dicir, a reflexión do son escóitase diferente da fonte (aplauso), provocando unha renxedura semellante ao canto dun quetzal.Momentos Discovery: El Canto del Quetzal en Chichén Itzá Youtube.com

Tecnicamente, isto débese a que o son producido pola fonte propágase de forma simultánea para chocar cos chanzos inferiores e superiores da escalinata; o son chega primeiro aos máis próximos, é dicir, os inferiores, e unha fracción de milisegundo despois aos superiores. Esta fracción de tempo é suficiente para crear interferencias coas ondas de reflexión e producir o peculiar eco. Só os sons de baixa frecuencia como o aplauso producen o efecto.

Descenso de Kukulcán nos equinoccios esquerda|miniatura|Triángulos de luz e sombra que aparentan o descenso da serpe de sombra Kukulkán pola escalinata nun día de equinoccio. esquerda|miniatura|Iluminación da Terra polo Sol durante os equinoccios. O día ten a mesma duración que a noite. miniatura|Fachada ONO, na imaxe sinálanse os triángulos que forman os baseamentos e que permiten o paso de luz proxectándose á balaustrada da escalinata. miniatura|Formación de sete triángulos isósceles de luz na escaleira NNE simulando o corpo dunha serpe durante os atardeceres equinocciais, os raios de luz penetran pola esquina norte dos baseamentos da fachada ONO. Se durante un ano e desde un punto fixo contemplamos o amencer no horizonte, poderemos observar que o Sol vai aparecendo en diferentes posicións ao longo do mesmo e a súa traxectoria no ceo vai cambiando. Isto é debido aos propios movementos da Terra, de rotación sobre o seu eixo e translación ao redor do Sol, así como a variante da súa eclíptica e a inclinación do eixo terrestre.