Alloteuthis subulata é unha especie de molusco cefalópodo da subclase dos coleoideos, superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos, suborde dos miopsinos e familia dos lolixínidos, unha das tres que integran o xénero Alloteuthis.Alloteuthis subulata (Lamarck, 1798) no WoRMS. Consultado o 20 de marzo de 2020.
É unha especie moi semellante a outra do mesmo xénero, Alloteuthis media.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1798 polo zoólogo francés Jean-Baptiste Lamarck, no seu traballo "Extrait d'un Mémoire sur le genre de la Sèche, du Calmar et du Poulpe, vulgairement nommés, Polypes de Mer". Bulletin des Sciences, par la Societe Philomatique de Paris. 1 (17): 129-131.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Alloteuthis subulatus (Lamarck, 1798) Loligo media (Linnaeus, 1758) sensu Forbes & Hanley, 1853 Loligo spiralis de Férussac, 1823 Loligo subulata Lamarck, 1798 (protónimo) Sepia subulata Bosc, 1802
Nomes galegos Rolán e Otero Schmitt danlle os nomes castelanizados de puntilla e calamar, mentres que Lahurta e Vázquez denomínana puntilla común.
Nota taxonómica Análises moleculares recentes suxiren que Alloteuthis subulata e A. media poden seren conespecíficas, e que son os extremos dun gradiente morfolóxico.Vecchione, Michael & Richard E. Young (2010): Alloteuthis media (Linnaeus 1758) Midsize squid. The Tree of Life Web Project. Consultado oo 21 de marzo de 2020. De confirmarse isto, o nome Alloteuthis media aplicado por Carl Linnaeus no seu Systema Naturæ en 1758 tería prioridade sobre Alloteuthis subulata de Jean-Baptiste Lamarck, que data de 1798. Porén, outras análises suxiren que ambas son dúas especies irmás que poden separarse de maneira confiábel polo tamaño dos tentáculos centrais e que, de feito, existe unha diverxencia xenética entre as poboacións de A. media do Atlántico e do Mediterráneo.P. Jereb & C. F. E. Roper, eds. (2010): Cephalopods of the World an Annotated and Illustrated Catalogue of Cephalopod Species Known to Date. Volume 2 Myopsid and Oegopsid Squids. Roma: FAO. ISBN 978-92-5106-720-8, pp. 48–49.
Características
É moi semellante, e co manto do mesmo tamaño (20 cm) a Alloteuthis media, da que difire por ser o seu corpo algo máis estreito, e por ter os tentáculos máis curtos.
Hábitat e distribución Hábitat Tanto Alloteuthis media como a súa conxénere A. subulata, son demersais, e viven sobre fondos areosos e lamacentos, pero tamén poden estar presentes sobre substratos duros.Allcock, A. L. & Taite, M. (2019): Alloteuthis subulata na Lista vermella da UICN. Versión 2020-1. Consultada o 21 de marzo de 2020.
Vive entre a superficie e os 500 m de profundidade.
Distribución Alloteuthis subulata encóntrase no océano Atlántico oriental, desde Noruega, o mar Báltico occidental, o mar do Norte até o sur do noroeste de África, e no mar Mediterráneo.Jereb, P.; Allcock, A. L.; Lefkaditou, E.; Piatkowski, U.; Hastie, L. C. & Pierce, G. J., eds. (2015): Cephalopod biology and fisheries in Europe: II. Species Accounts. Co-operative Research Reports . Copenhagen: ICES. ISBN 978-87-7482-155-7.
En Galicia é abundante.
Ameazas A pesca non regulada é unha ameaza potencial para esta especie.
Estado de conservación Os expertos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status da especie como CC (sen datos) porque se require unha investigación taxonómica para delimitarla da súa conxénere Alloteuthis subulata. Dado que esta especie se explota en gran parte da súa área de distribución, requírese con urxencia este traballo.
Notas
Véxase tamén
Blbliografía Anderson, F. E. et. al. (2008): "Systematics of Alloteuthis (Cephalopoda: Loliginidae) based on molecular and morphometric data". Journal of Experimental Marine Biology and Ecology 364: 99-109. Gofas, S.; Le Renard, J.; Bouchet, P. (2001): "Mollusca". En: Costello, M. J. et al. eds. European Register of Marine Species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Patrimoines Naturels 50: 180-213. Jereb, P.; Vecchione, M. & Roper, C. F. E. (2010): "Family Loliginidae". En P. Jereb & C. F. E. Roper, eds. Cephalopods of the world. An annotated and illustrated catalogue of species known to date. Volume 2. Myopsid and Oegopsid Squids. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 4, Vol. 2. Roma: FAO. Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multiligüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Rolán, Emilio e Jorge Otero Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISNB 84-8288-072-1.
Outros artigos Cefalópodos Téutidos Lolixínidos Alloteuthis Alloteuthis media
Categoría:Cefalópodos Categoría:Moluscos de Europa Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Produtos da pesca