Brewster Kahle, nado o 22 de outubro de 1960 en Nova York, é un enxeñeiro informático, emprendedor e activista de Internet estadounidense. É defensor do acceso universal ó coñecemento e da biblioteca dixital.
Biografía Despois de rematar enxeñería informática no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde foi alumno de Marvin Minsky, traballou no desenvolvemento da Wide Area Information Server. En 1996 creou, xunto con Bruce Gilliat, a empresa informática Alexa Internet que vendería a Amazon en 1999 por 250 millóns de dólares. Ese mesmo ano de 1996, fundou a institución sen ánimo de lucro Internet Archive, dedicada a preserva-la historia da rede que garda a evolución de moitos sitios web. En 2012 foi incluído no Salón da Fama de Internet.
Véxase tamén Outros artigos Sitios web máis visitados Motores de busca
Notas
Categoría:Personalidades de Internet Categoría:Activismo social Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Enxeñeiros informáticos