Vida perfecta é unha serie de televisión española escrita por Leticia Dolera, dirixida por Leticia Dolera, Ginesta Guindal e Elena Martín e producida por Corte y Confección de Películas para a plataforma Movistar+ estreada o 18 de outubro de 2019. O 17 de decembro de 2019, a serie foi renovada por unha segunda tempada.
Sinopse María, Esther e Cristina son tres mulleres que entrelazan as súas existencias cando están a soportar as súas respectivas crises persoais. Unidas, descobren que a súa vida non ten por que ser tal e como a planearon, descartando aqueles plans preestabelecidos que as levaron a tocar fondo, tratando de buscar un novo camiño cara á felicidade.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión de España