Radia Joy Perlman, nada en Portsmouth o 1 de xaneiro de 1951 é unha enxeñeira de telecomunicacións estadounidense. Inventora do protocolo Spanning Tree (STP), chave para a interconexión de redes de computadoras, recibe o apelativo (contra a súa vontade ) de "nai de Internet" por este motivo.

Radia Perlman desenvolveu o protocolo STP mentres traballaba para a Dixital Equipment Corporation. É autora tamén de contribucións noutras áreas do deseño e a estandarización de redes, como os protocolos de enrutamento link-state.

Máis recentemente, inventou o protocolo TRILL para corrixir algunhas das deficiencias dos spanning trees. En 2020, está a traballar para Dell EMC.

Traxectoria Perlman aprendeu programación como parte do temario dunha clase de física no MIT. Conseguiu o seu primeiro emprego en 1971 como programadora a tempo parcial no Laboratorio de Intelixencia Artificial da mesma institución (naquel momento alcumado "LOGO Lab"), programando depuradores.

Baixo a supervisión de Seymour Papert, deseñou e implementou unha versión infantil da linguaxe de robótica educativa LOGO, chamada TORTIS. Esta linguaxe, desenvolvida entre 1974 e 1976, estaba pensada para nenos pequenos (os máis novos de 3 anos e medio de idade), que a empregaron para programar un robot educativo chamado Tartaruga. Por este motivo, Perlman é considerada unha pioneira no ensino de programación para nenos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.

Outros artigos Logo Mulleres na enxeñaría Mulleres na informática

Ligazóns externas Abecedario de mulleres na Informática Informática para Científic@s:1º Grao Física. USC.

Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Portsmouth Categoría:Personalidades da informática Categoría:Enxeñeiros de telecomunicación