miniatura|Escudo do ducado de Cornualla. O ducado de Cornualla é un título nobiliario da coroa británica e que corresponde ao fillo máis vello e herdeiro do monarca. Dende 2022 o duque de Cornualla é Guillerme de Gales. O ducado de Cornualla O ducado de Cornualla posúe unha extensión de 52 449 hectáreas localizadas, fundamentalmente, ao longo de vinte condados no sueste de Inglaterra e nas illas Scilly. Polo tanto, a maior parte das propiedades do ducado están fóra de Cornualla, pois aló ten 7 571 hectáreas.

Anualmente, o ducado de Cornualla proporciona uns ingresos de máis de 20 millóns de libras esterlinas que se destinan a manter ás obras públicas e privadas da familia do titular. Estímase que cobra o arrendamento dunhas 600 residencias e 700 labradíos.

Ademais, sendo duque de Cornualla, Carlos III do Reino Undio promoveu a edificación das cidades planificadas de Poundbury (Dorset) e Nansledan (Cornualla) dentro das terras do ducado. Tamén destacou polo pulo dado á agricultura sustentable nas súas explotacións e o coidado da biodiversidade.

Historia A partir do século XIV algunhas monarquías europeas crearon señoríos que cederon aos herdeiros primoxénitos do rei para que as rendas do mesmo os dotase dun patrimonio de seu. Deste xeito, o título foi creado en 1337 polo rei Eduardo III para o seu fillo e herdeiro, Eduardo de Woodstock, chamado o "príncipe negro". Dende entón este título corresponde ao fillo máis vello do rei de Inglaterra, a quen tamén se lle outorgan os títulos de príncipe de Gales, e dende o século XVII, o de duque de Rothesay como herdeiro do trono de Escocia.

A persoa que máis tempo ostentou este título foi Carlos III. Entre 2005 e 2022 o título gañou notoriedade pois foi empregado por Camila do Reino Unido logo do seu matrimonio con Carlos de Inglaterra.

Lista de duques de Cornualla Duque de CornuallaPaiDendeAtéPríncipe NegroEduardo III13371376 (morte)Ricardo IIPríncipe Negro1376 1377Henrique VHenrique IV1399 (Parlamento)1413Henrique VIHenrique V1421 (nacemento)1422Eduardo de WestminsterHenrique VI1453 (nacemento)1471 (morte)Eduardo V de InglaterraEduardo IV1470 1483Eduardo, Conde de SalisburyRicardo III1483 (Inicio do reinado do pai)1484 (morte)Arturo TudorHenrique VII 1486 (nacemento)1502 (morte)Henrique VIIIHenrique VII 15021509HenriqueHenrique VIII1511 (nacemento)1511 (morte)HenriqueHenrique VIII1514 (nacemento)1514 (morte)HenriqueHenrique VIII1534 (nacemento)1534 (morte)Eduardo TudorHenrique VIII1536 (nacemento)1536 (morte)Eduardo VIHenrique VIII1537 (nacemento)1547Henrique EstuardoXacobe I1603 (inicio do reinado do pai)1612 (morte)Carlos IXacobe I16121625Carlos XacobeCarlos I1629 (nacemento)1629 (morte)Carlos IICarlos I1630 (nacemento)1649 Xacobe Francisco EstuardoXacobe II de Inglaterra e VII de Escocia1688 (nacemento)1689 Xurxo IIXurxo I17141727Federico LuisXurxo II17271751 (morte)Xurxo IVXurxo III17621820Eduardo VIIVitoria I18411901 Xurxo VEduardo VII19011910Eduardo VIIIXurxo V19101936Carlos IIISabela II19522022GuillermeCarlos III2022no cargo

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Guillerme de Gales Cornualla

Ligazóns externas

Páxina web do ducado de Cornualla (en inglés)

Categoría:Títulos nobiliarios do Reino Unido

Categoría:Cornualla