miniatura|250px | Ruínas do complexo da pirámide de Pepi II, posiblemente o monarca reinante máis lonxevo da historia rexistrada O século XXIII a. C. comezou o 1 de xaneiro do ano 2300 a. C. e terminou o 31 de decembro de 2201 a. C.

Acontecementos relevantes

2334 a. C. - 2279 a. C.: (cronoloxía breve) Sargón de Acad conquista Mesopotamia. 2300 a. C.: esplendor de Troia (na actual Turquía). 2300 a. C.: no norte de Europa comezan a empregarse metais. 2300 a. C.: comeza a Cultura Unetice na actual República Checa. 2300 a. C.: os acadios abandonan a súa escritura descoñecida e adoptan a cuneiforme dos sumerios conquistado antes. 2300 a. C.: na Península Ibérica desenvólvese o Calcolítico completo: a Cultura do vaso campaniforme.Páx. 144 de «La España de Altamira», en Historia de España 1. Historia 16 (Temas de hoy), 1995, ISBN 84-7679-275-1 (obra completa). ca. 2300 a. C.: Civilización do val do Indo (Harappan) florece no actual leste do actual Paquistán e oeste da India. ca. 2300 a. C.: créase a canle Bahr Yusuf (nome actual) cando a vía fluvial do Nilo ata o lago natural (agora Lago Moeris) é ensanchada e afondada para crear unha canle. ca. 2300 - 2200 a. C.: "Cabeza dun home de Nínive" (moderno Kuyunjik, Iraq). Agora atópase no Museo de Iraq, Bagdad. ca. 2300 - 2184 a. C.: faise o disco de Enheduanna, de Ur, (moderno Muqaiyir, Iraq). Agora está no Museo da Arqueoloxía e Antropoloxía da Universidade de Pensilvania, Universidade de Pensilvania, Filadelfia. ca. 2288 a. C.: escúlpese "A raíña Merye-ankhnes e o seu fillo Pepi II", VI dinastía exipcia. A estatuíña de alabastro atópase agora no Museo de Arte de Brooklyn, Nova York. ca. 2285 a. C.: nace Enheduanna, gran sacerdotisa do deus da lúa Nanna en Ur. ca. 2278 a. C.: (probablemente) o faraón Pepi II comeza a gobernar. ca. 2254 - 2218 a. C.: faise a estela de Naram-Sin, probablemente de Sippar, descuberta en Susa (moderna Shush, Irán). Agora está no Museo do Louvre, París. ca. 2250 a. C.: comezo da etapa Meghalayan, a última das tres etapas do Holoceno. ca. 2250 a. C.: primeiras probas de cultivo de millo en Centroamérica. ca. 2240 a. C.: Acad, capital do Imperio acadio, convértese na cidade máis grande do mundo, superando a Menfis, capital do Exipto. 2222 / 2221 a. C.: na provincia de Shanxi (China), a uns 200 km ao noroeste da actual cidade de Xian, rexistrase un terremoto de 5,5 graos na escala de Richter. Descoñécese o número de vítimas. ca. 2220 a. C.: nas Shetland, Escocia, establécese a granxa Scord of Brouster. ca. 2220 a. C.: o volcán monte Edgecumbe (Alasca) rntra en erupción preto da actual Sitka, Alasca. 2218 a. C.: no actual Iraq, a tribo dos gutis conquista Acad. ca. 2215 a. C.: o Cometa Hale-Bopp visita o sistema solar interior e non volvería ata o ano 1997 d.C.. 2205 a. C.: na China comeza a dinastía Xia. 2200 a. C.: en Bubastis <!- 29,7 31,6-> (actual Tell Basta, en Exipto) hai un terremoto con corremento de terra (descuberto e datado por análises arqueolóxicas).

Personaxes relevantes

miniatura|right | Sargón de Acad Sargón de Acad, fundador do Imperio acadiano e o primeiro construtor dun imperio rexistrado na historia. 2279 a. C.: morre o rei Sargón I (n. 2334 a. C., segundo a cronoloxía mesopotámica).

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Século -XXIII