Samson and Delilah é un filme australiano de 2009 dirixido por Warwick Thornton e protagonizado por Rowan McNamara e Marissa Gibson. Foi rodado en Alice Springs e arredores. Descrito como unha "historia de amor e supervivencia" polo seu director, conta a historia de dous adolescentes aborixes australianos de catorce anos que viven nunha comunidade remota. Rouban un coche para escapar da súa difícil vida e marchan cara a Alice Springs. O filme competiu na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2009, gañando a Cámara de Ouro. O filme tamén gañou o premio Asia Pacific Screen ó mellor filme en 2009. Foi escollido como candidato australiano para o Óscar ó mellor filme internacional na 82ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de xaneiro.
Personaxes Rowan McNamara como Samson Marissa Gibson como Delilah Mitjili Napanangka Gibson como Nana Scott Thornton como Gonzo Matthew Gibson como irmán de Samson Steven Brown como batería Gregwyn Gibson como baixista Noreen Robertson Nampijinpa como muller loitadora Kenrick Martin como rapaz en cadeira de rodas Peter Bartlett como Storekeeper
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Australia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia