Montserrat Casas Ametller, nada en Hostalric (Xirona) o 6 de setembro de 1955 e finada en Barcelona o 30 de marzo de 2013, foi unha física e científica española nomeada en 2007 reitora da Universidade das Illas Baleares converténdose nunha das 10 únicas reitoras da universidade española da época.
Traxectoria Licenciada (1971) e doutora (1981) en ciencias físicas pola Universitat Autónoma de Barcelona, desde 1984 foi catedrática da UIB. Era catedrática de Física Atómica, Molecular e Nuclear desde 1994 e, como científica, a súa liña de traballo centrouse no estudo de sistemas cuánticos e a contaminación radioactiva ambiental.
Foi elixida reitora tras gañar as eleccións o 28 de marzo de 2007 e obter na segunda volta das eleccións o 59,45% dos votos fronte ao 40,55% que conseguiu o seu opoñente Sergio Alonso, catedrático de meteorología. Sucedeu no cargo a Avelíno Blasco.
Morreu en Barcelona o 30 de marzo de 2013 de cancro.
Notas
Categoría:Reitores de universidades de España Categoría:Científicos de España Categoría:Físicos de España Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Hostalric Categoría:Finados en 2013 Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona