Elvira María Correa Fortunato, nada en Almada o 22 de xullo de 1964, é unha física, investigadora e catedrática portuguesa. É unha pioneira a nivel mundial en electrónica de papel: transistores, memorias, baterías, pantallas, antenas e células fotoeléctricas.
Na actualidade é vicerreitora da Universidade Nova de Lisboa .
Biografía Nada en Almada. Licenciouse en Enxeñaría de Materiais na Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade Nova de Lisboa. Doutorouse en Microelectrónica e Optoelectrónica, supervisada por Rodrigo Martins, en 1995.
Elvira Fortunato é profesora e investigadora na Facultade de Ciencia e Tecnoloxía da Universidade Nova de Lisboa.
O equipo de investigación do Centro de Investigación de Materiais (CENIMAT) liderado por Elvira Fortunato e Rodrigo Martins distinguiuse polo descubrimento do transistor de papel.
O 8 de xuño de 2010 foi galardoada co título de grande oficial da orde de infante D. Henrique.
É membro do Consello de Ordes Nacionais desde o 9 de xuño de 2016.
É vicerreitora da Universidade NOVA de Lisboa desde o 14 de setembro de 2017.
Recoñecementos
Premio Seeds of Science ( enxeñaría e tecnoloxía) outorgado pola revista Ciência Hoje . Primeiro premio de enxeñaría outorgado pola Axencia Executiva do Consello Europeo de Investigación (ERC). 2010: Premio Femina ao mérito en ciencia. 2012: Premio Investigación Cidade de Almada 2016: Medalla Blaise Pascal (ciencia dos materiais) outorgada pola Academia Europea das Ciencias. 2017: Medalla Czochralski (ciencia dos materiais) outorgada pola Academia Polaca de Ciencias xunto coa E-MRS (European Materials Research Society)
Notas
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados no distrito de Setúbal Categoría:Enxeñeiros Categoría:Científicos de Portugal Categoría:Físicos de Portugal