Fianna Fáil (expresión en irlandés que aproximadamente significa Soldados do Destino) é un partido político irlandés conservador fundado por Éamon de Valera en 1926 como escisión do Sinn Féin ao negarse este a recoñecer a constitución do Estado Libre de Irlanda despois da Guerra Civil irlandesa.

Situación política actual Este partido é a primeira forza política de Irlanda (co 41,5% dos votos e 81 de 166 parlamentarios no Parlamento de Irlanda). Mary McAleese (presidenta de Irlanda) é do Fianna Fáil así como Brian Cowen (primeiro ministro irlandés).

Líderes do FF Éamon de Valera (1926–1959) Seán Lemass (1959–1966) Jack Lynch (1966–1979) Charles Haughey (1979–1992) Albert Reynolds (1992–1994) Bertie Ahern (1994–2008) Brian Cowen (2008–presente)

Fianna Fáil en Europa Fianna Fáil (ou FF) forma parte do UEN (Unión pola Europa das Nacións).

Web Web oficial de Fianna Fáil

Categoría:Partidos políticos de Irlanda Categoría:Partidos políticos do Reino Unido Categoría:Partidos nacionalistas irlandeses Categoría:Partidos conservadores