As If I Am Not There (en , Kao da me nema) é un filme irlandés de 2010 dirixido por Juanita Wilson. O filme está ambientado nos Balcáns e foi rodado en lingua serbocroata. Foi escollido como candidato de Irlanda para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 84ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
O filme conta a historia dunha mestra nova que viaxa até unha vila remota. Despois de que a vila é atacada, ela é encarcerada e violada xunto coas demais mulleres da vila. Baséase na novela homónima de Slavenka Drakulić que trata a violación durante a guerra de Bosnia.
Personaxes Nataša Petrović como Samira Stellan Skarsgård como doutor Fedja Stukan como o capitán Jelena Jovanova como Jasmina Miraj Grbić como comandante Jasna Diklić Zvezda Angelovska Nikolina Kujaca Sanja Burić Katina Ivanova Jana Stojanovska Nino Levi Irina Apelgren como Alisa Jana Mircevska
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irlanda propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 84ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua serbia Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes sobre a Guerra de Bosnia