Der junge Törless é un filme franco-alemán de 1966 dirixido por Volker Schlöndorff, adaptado da novela autobiográfica A confusión do interno Törless de Robert Musil.

Foi escollido como candidato de Alemaña do Oeste para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 39ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Sinopse A historia está ambientada a principios do século XX. Cando Thomas Törless chega á academia, descobre que Anselm von Basini foi pillado roubando polo seu compañeiro Reiting e é obrigado a converterse no "escravo" deste, cedendo aos rituais sádicos de Reiting. Törless segue esta relación con interese intelectual mais sen involucrarse emocionalmente.

Personaxes Mathieu Carrière como Thomas Törless Marian Seidowsky como Anselm von Basini Bernd Tischer como Beineberg Fred Dietz como Reiting Lotte Ledl como Gastwirtin / Innkeeper Jean Launay como Mathematiklehrer / Maths Teacher Barbara Steele como Bozena

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 39ª edición dos Óscar Filmes de Alemaña propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1966 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña do Oeste Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Volker Schlöndorff Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Alemaña Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes ambientados en Austria