A promesa (en ) é un filme español de 2004 dirixido por Héctor Carré. Está protagonizado por Carmen Maura. Tivo un orzamento de 2 000 000 € (estimado) e recadou 335.864,56 €.

Sinopse Despois de matar ó seu marido maltratador e infiel, a ama de casa relixiosa e esquizofrénica Gregoria abandona Madrid e viaxa a Galicia para visitar unha igrexa onde un descoñecido lle dixo que todos deberían ir, vivos ou mortos. Cando Gregoria chega, salva a vida do neno Daniel e a súa nai Dorita en agradecemento invítaa a xantar na súa casa. Gregoria cambia o seu nome a Celia e acepta traballar como neneira e camareira de Dorita e o seu marido disfuncional Leandro. O comportamento violento de Leandro desencadea un proceso de tolemia en Celia, que é perseguida por demos e pantasmas.

Personaxes Carmen Maura como Celia Ana Fernández como Dorita Juan Margallo como Roberto Santiago Barón como Daniel Evaristo Calvo como Leandro Xulio Lago como Senén Luísa Merelas como Felisa Antonio F. Simón como Don Damián Luís Iglesia como doutor Víctor Mosqueira como cura Chete Lera como Amable

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego