Os é un período na historia da China comprendido entre os anos 220 e 280 d.C. no que a China estivo dividida en tres estados (Wei, Han, Wu), tralo desmembramento do territorio chinés, despos da caída da Dinastía Han. O termo "Tres Reinos" é unha especie de nome inapropiado, xa que cada estado finalmente foi encabezado non por un rei, senón por un emperador que reclamaba soberanía sobre toda China. Con todo, o termo "Tres reinos" converteuse en estándar entre os sinólogos de fala inglesa. Para distinguir os tres estados doutros estados históricos chineses cos mesmos nomes, os historiadores agregaron un carácter relevante ao nome orixinal do estado: o estado que se chamou a si mesmo Wei (魏) tamén se coñece como Cao Wei (曹魏), [ 4] o estado que se chamou a si mesmo Han (漢) tamén se coñece como Shu Han (蜀漢) ou simplemente Shu (蜀), e o estado que se chamou a si mesmo Wu (吳) tamén se coñece como Wu Oriental (東吳; Dōng Wú) ou Sun Wu (孫吳).
Nun estrito sentido académico refírese ao período comprendido entre a fundación do reino Wei no ano 220 ata a conquista do reino Wu a mans da dinastía Jin no 280. Con todo, moitos historiadores chineses amplían o punto do comezo deste período á rebelión dos turbantes amarelos no 184.
O período dos Tres Reinos é un dos máis sanguentos da historia chinesa. Un censo nacional realizado no ano 280 d.C., tras a reunificación dos Tres Reinos baixo a dinastía Jin mostra un total de 2.459.840 fogares e 16.163.863 individuos, que só era unha fracción dos 10.677.960 fogares e 56.486.856 individuos censados durante a era Han.Nicola Di Cosmo and Robin D. S. Yates. Military Culture in Imperial China. Harvard University Press. . Aínda que o censo pode non ser particularmente preciso debido a unha multitude de factores da época, os emperadores Jin no ano 280 d. C. fixeron un intento de dar conta de todas as persoas onde puideron.Hans Bielenstein. Chinese historical demography A.D. 2-1982. Östasiatiska museet. p 17
Colapso do poder dinástico
O que tradicionalmente se coñece como o comezo do período "non oficial" dos tres reinos, foi a rebelión dos turbantes amarelos dirixida por Zhang Jiao no ano 184.
Persoas importantes da Era dos Tres ReinosSoberanosHan: Imperador Ling - Imperador Xiao - Imperador Xian Wei: Cao Cao - Cao Pi - Cao Rui - Cao Fang - Cao Mao - Cao Huan
Shu: Liu Bei - Liu Shan
Wu: Sun Jian - Sun Ce - Sun Quan - Sun Liang - Sun Xiu - Sun Hao
Jin: Sima Yan
Outros: Dong Zhuo - Gongsun Zan - Han Fu - Liu Biao - Liu Yao - Liu Zhang - Lü Bu - Ma Teng - Meng Huo - Yuan Shao - Yuan Shu - Zhang Jiao - Zhang LuConselleirosWei: Guo Jia - Sima Yi - Xun You - Xun Yu Shu: Fei Yi - Jiang Wan - Jiang Wei - Pang Tong - Zhuge Liang
Wu: Gu Yong - Lu Su - Lu Kang - Lu Xun - Zhou Yu - Zhang Zhao - Zhuge Jin
Outros: Li Ru - Tian FengXeneraisWei: Dian Wei - Xiahou Dun - Xiahou Yuan - Xu Chu - Xu Huang - Zhang He - Zhang Liao Shu: Guan Yu - Huang Zhong - Ma Chao - Wei Yan - Zhang Fei - Zhao Yun
Wu: Huang Gai - Lü Meng - Taishi Ci - Zhou Tai - Gan Ning
Outros: Ji Ling - Wen Chou - Yan LiangOutrosDiaochan - Guan Lu - Hua Tuo - Sun Shangxiang - Sima Hui
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Historia da China