Sergio Gontán Gallardo, coñecido futbolisticamente coma Keko, nado en Brunete (Madrid) o 27 de decembro de 1991, é un futbolista español. Xoga de extremo no Sacramento Republic da USL Championship dos Estados Unidos.

Traxectoria

Atlético de Madrid Formouse nas categorías inferiores do Atlético de Madrid e na tempada 2008/09 subiu ao filial, o Atlético Madrid B, na Segunda División B, disputando 27 encontros e marcando tres goles. Esa mesma campaña debutou co primeiro equipo da man do adestrador mexicano Javier Aguirre. Foi o 29 de outubro de 2008 nun partido da Copa do Rei contra o Orihuela, converténdose no futbolista máis novo en xogar en partido oficial co club madrileño, con 16 anos e 307 días de idade. Comezou a seguinte tempada no filial e debutou na Primeira División na xornada 2, nun empate 1-1 contra o Racing de Santander no Vicente Calderón. No mercado invernal foi cedido ao Real Valladolid, tamén en Primeira. Disputou 13 encontros co equipo de Valladolid, onde tivo tres adestradores (Mendilíbar, Onésimo e Clemente), e acabou descendendo ao remate da tempada.

Na tempada 2010/11 foi cedido a dous equipos, FC Cartagena e Girona, ambos de Segunda División, cos que disputou un total de 26 partidos.

Catania En xullo de 2011, despois de que o Atlético de Madrid non renovase o seu contrato, marchou a Italia para xogar na Serie A co Catania, club co que asinou un contrato por tres anos. En xaneiro de 2012, despois de non ser utilizado en ningún partido polo adestrador Vincenzo Montella, saíu cedido xunto a Fabio Sciacca ao Grosseto, da Serie B.

De volta en Sicilia debutou co Catania na Serie A o 24 de febreiro de 2013. Foi nun partido contra o Parma no Estadio Ennio Tardini, onde xogou como titular e marcou o segundo gol do seu equipo que acabou por darlle a vitoria. A súa participación no club siciliano aumentou na súa terceira e derradeira tempada, na que xogou 19 partidos, pero o equipo acabou descendendo á Serie B.

Albacete Na tempada 2014/15 volveu a España, fichando polo Albacete, na Segunda División. Foi titular na maoría de partidos do equipo adestrador por Luis César Sampedro, e marcou seis goles, dous deles no partido contra o Llagostera no que selaron a permanencia na categoría.

Eibar No verán de 2015 asinou contrato co Eibar de Mendilíbar, que iniciaba a súa segunda campaña na Primeira División. Foi titular durante a maioría de partidos, aínda que perdeu varios por lesións, e marcou os seus primeiros tres goles na categoría, sendo o primeiro deles contra o Sporting de Gijón en Ipurua e o terceiro contra o seu exequipo, o Atlético de Madrid, no Calderón.

Málaga Na tempada 2016/17 fichou polo Málaga, onde asinou por catro anos. Comezou como titular ata que unha lesión o afastou do equipo durante tres meses. Disputou 22 partidos esa tempada e 21 na seguinte, na que o Málaga descendeu a Segunda.

Na 2018/19 regresou ao Valladolid, cedido polo Málaga. Co equipo de Sergio González xogou 29 partidos e marcou dous tantos, contribuíndo á permanencia na máxima categoría un ano máis. De volta en Málaga contou con poucos minutos no equipo adestrador por Víctor Sánchez, no que xogou só media tempada.

Deportivo da Coruña O 14 de xaneiro de 2020 anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas e media polo Deportivo da Coruña. Debutou contra o Alcorcón e xogou sete partidos na tempada na que o equipo galego descendeu á Segunda División B.

O 5 de outubro de 2020, Keko e o Deportivo chegaron a un acordo para ampliar o contrato do xogador ata 2024.Keko Gontán seguirá no Dépor tres temporadas máis Foi titular ao longo da tempada 2020/21 e marcou dous goles, contra Pontevedra e Zamora. Ao remate da tempada o seu contrato co club foi rescindido.

Sacramento Republic Despois de estar varios meses sen equipo, en xaneiro de 2022 asinou co Sacramento Republic, equipo da USL Championship, segunda categoría dos Estados Unidos. No seu primeiro ano nos Estados Unidos proclamouse subcampión da US Open Cup, sendo titular na final que o seu equipo perdeu ante o Orlando City.

Selección española Foi internacional coas categorías inferiores da selección española dende a sub-16 á sub-19. Coa selección sub-17 proclamouse campión de Europa no torneo celebrado en Turquía en 2008 e coa sub-19 foi subcampión de Europa dous anos despois en Francia, cun equipo que el mesmo capitaneaba.

Palmarés Selección española sub-17

Campionato Europeo da UEFA (1): 2008.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en soccerway.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados na Comunidade de Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do Calcio Catania Categoría:Xogadores do US Grosseto FC Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Sacramento Republic FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19