miniatura|Tareque Masud representou a Bangladesh por vez primeira nesta categoría. Bangladesh presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por vez primeira no ano 2002. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2025, vinte e dous filmes de Bangladesh foron presentados ó Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado para o premio.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Bangladesh para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 2002(75ª) Matir Moina 2005(78ª) Shyamol Chhaya 2006(79ª) Nirontor 2007(80ª) Swopnodanay Golam Rabbany Biplob 2008(81ª) Aha! 2009(82ª) Britter Baire Golam Rabbany Biplob 2010(83ª) Third Person Singular Number 2012(85ª) Ghetuputra Komola 2013(86ª) Television 2014(87ª) Jonakir Aalo 2015(88ª) Jalaler Golpo Abu Shahed Emon 2016(89ª) Oggatonama Tauquir Ahmed 2017(90ª) Khacha Akram Khan 2018(91ª) Doob Mostofa Sarwar Farooki 2019(92ª) Alpha Nasiruddin Yousuff 2020(93ª) Iti, Tomari Dhaka 11 directores diferentes 2021(94ª) Rehana Maryam Noor Abdullah Mohammad Saad 2022(95ª) Hawa Mejbaur Rahman Sumon 2023(96ª) Payer Tolay Mati Nai Mohammad Rabby Mridha 2024(97ª) Balī Iqbal Hossain Chowdhury 2025(98ª) Bāṛir nām śāhānā Leesa Gazi
Notas
Categoría:Cinema de Bangladesh Bangladesh