Malaisia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez dende o ano 2004. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2024, un total de nove filmes foron presentados para Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado para o premio. Puteri Gunung Ledang foi o primeiro filme en ser proposto para o ano 2003, e dende entón ningún outro filme foi proposto até o ano 2012, un filme dirixido por Dain Said e titulado Bunohan.
Na 88ª edición dos Óscar, Lelaki Harapan Dunia foi decidido pola Corporación de Desenvolvemento Nacional de Cinema de Malaisia (FINAS), afiliado co Ministerio de Comunicación e Multimedia de Malaisia.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Malaisia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
+ Lista de filmes propostos Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 2004(77ª) Puteri Gunung Ledang Saw Teong Hin 2012(85ª) Bunohan Dain Said 2015(88ª) Lelaki Harapan Dunia Liew Seng Tat 2016(89ª) Redha Tunku Mona Riza 2019(92ª) M for Malaysia Dian Lee, Ineza Roussille 2020(93ª) Roh Emir Ezwan 2021(94ª) Prebet Sapu Muzzamer Rahman 2023(96ª) Tiger Stripes Amanda Nell Eu 2024(97ª) Abang Adik Jin Ong 2025(98ª) Yáolán fán shì Chong Keat Aun
Notas
Categoría:Cinema de Malaisia Malaisia