miniatura|Escudo de armas do condado de Ribadeo. Rodrigo de Villandrando, conde de Ribadeo e vizconde da Illa (Entrimo), nado en Valladolid en 1378Aínda que antes se cría que nacera en Galicia en 1388, cousa que desmentiu o historiador Antonio María Fabié. (Gran Enciclopedia Galega) e finado na mesma cidade en 1448, foi un militar e aristócrata castelán.Entrada “Villandrando, Rodrigo de” na GEG.
Traxectoria Participou na guerra entre Pedro I e Henrique de Trastámara a favor do segundo, e despois diso marchou a Francia e participou na Guerra dos Cen Anos a favor de Carlos VII, participando, aínda así, nos saqueos á poboación civil, comúns nesa guerra. Tivo fama de gran guerreiro e home honorable, grazas á súa actitude leal para os seus señores.
Xoán II concedeulle o condado de Ribadeo, ó seu regreso da guerra, como pago polo seu apoio á casa dos Trastámara. Logo disto, Rodrigo amosou de novo a súa fidelidade ó rei ó liberalo dunha conspiración que pretendía facelo prisioneiro en Toledo. Esta acción deulle o privilexio de comer na mesa do rei e recibir o traxe que este poñía o día da súa onomástica, honra que segue recaendo na casa de Alba.
Participou nos avatares do reinado de Xoán II, principalmente na caída do valido Álvaro de Luna, grazas á súa influencia sobre o rei.
Casou con Margarida de Borbón, e, en segundo casamento, con Beatriz de Zúñiga, coa que tivo o seu primoxénito Pedro, que foi o seu sucesor no título ó seu falecemento en Valladolid en 1448.
Non hai ningún documento que indique que Rodrigo se achegase ó seu condado, pero si hai documentación do seu apoio a potenciar o porto de Ribadeo como saída a Inglaterra e Europa.
Tamén é autor de varios poemas que se conservan no cancioneiro de Hernando del Pulgar.
Notas
Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1661 Categoría:Finados en 1731 Categoría:Militares de España Categoría:Personalidades sen imaxes