Adesuwa Thongpond Pariyasapat Aighewi, nada o 22 de abril de 1992 en Minneapolis, Minnesota, é unha modelo e realizadora cinematográfica estadounidense. En xaneiro de 2019 foi elixida como unha das 50 mellores modelos do mundo pola páxina models.com

Traxectoria De pai nixeriano e nai tailandesa de orixe chinesa, Adesuwa Aighewi naceu en Minnesota. Antes de traballar como modelo estudaba química na Universidade de Maryland Eastern Shore, carreira que comezou á idade de 15 anos. Tamén foi bolseira para a NASA. Sendo os seus pais científicos medioambientais, mudouse con frecuencia e pasou a metade da súa infancia en Nixeria.

Aighewi foi descuberta no campus da súa universidade. Ao longo da súa traxectoria, desfilou para Alexander Wang, Coach, Louis Vuitton, Chanel, Kenzo, Kate Spade, Miu Miu, Bottega Veneta, Marc Jacobs, Yeezy, Michael Kors, Prabal Gurung, Christian Dior, Fendi e Tommy Hilfiger, entre outros. Tamén apareceu en anuncios publicitarios para Tom Ford, Marc Jacobs, Vera Wang e Chanel.

Videografía Ano Título Artista Papel 2011 Bonfire Childish Gambino Camper 2012 "Heartbeat" Childish Gambino Moza 2016 Woman Diana Gordon Modelo

Notas

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Minneapolis, Minnesota Categoría:Modelos femininas de Nixeria Categoría:Estadounidenses de ascendencia nixeriana Categoría:Estadounidenses de ascendencia chinesa Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América