Marga Maderal Cal, nada en Redondela en 1955 e finada na mesma vila en 2016, foi unha mestra e activista redondelá.Calendario 2020 da Asemblea Feminista Paxaretas
Traxectoria Estudou Maxisterio e licenciouse en Xeografía e Historia. Comezou a traballar como mestra en Barcelona onde estudou Construción e Manipulación de Marionetas no Institut del Teatre.
De volta a Galiza, traballou en Redondela onde practicou o activismo social no Ateneo redondelán, na ONG Entrepobos e no grupo feminista Xanela. Colaborou na fundación de Tanxarina Teatro e desde o inicio na organización do Festival Internacional de Títeres de Redondela.
Foi recoñecida en 2017 polo Festival de Títeres de Redondela e pola Asemblea Feminista Paxaretas en 2019 co premio Ernestina Otero Loitando pola igualdade e coa ilustración de abril do calendario que editaron en 2020.
Notas
Categoría:Nados en Redondela Categoría:Activistas de Galicia Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2016