Heraclius Constantinus, coñecido como Constantino III Heraclio ou Constantino III, nado o 3 de maio de 612 e finado cara ao 641, foi un emperador Romano de breve reinado a mediados do século VII.

Traxectoria Heraclio Constantino era o fillo máis vello do emperador Romano Heraclio, fundador da dinastía Heráclida, e da súa primeira esposa Eudocia. tamén era o medio irmán máis vello de Heraclonas, fillo de Martina, a segunda esposa do emperador Heraclio. Por razóns políticas, Heraclio considerou a Martina como nai de ambos fillos, que quedaron asociados ao trono en paridade de dereitos.

Constantino Heraclio converteuse en emperador á morte do seu pai en 641 como Constantino III. O seu acceso ao trono estivo marcado polas disputas familiares pola sucesión. O feito máis destacado acaecido durante o seu breve reinado foi a perda de Exipto, que foi conquistada polos árabes. Cando levaba catro meses de reinado, Constantino Heraclio morreu de tuberculose. Foi sucedido polo seu medio irmán Heraclonas no trono. O rumor de que Martina envelenara ao seu fillastro causou problemas políticos durante o reinado de Heraclonas.

Categoría:Dinastía dos Heráclidas Categoría:Nados en 612 Categoría:Finados en 641 Categoría:Finados por tuberculose