Penetralia é o primeiro álbum de estudio da banda sueca de death metal Hypocrisy, publicado o 5 de outubro de 1992 a través do selo Nuclear Blast. Este é o primeiro de dous álbum co vocalista Masse Broberg, que despois sería despedido e encargándose o guitarrista Peter Tägtgren das voces. As letras non se centran no paranormal e na ciencia ficción como si o fan en posteriores traballos, centrándose no seu lugar en temática death metal máis "tradicional" como satanismo e anticristianismo. Realizáronse dous vídeos musicais para os temas "Impotent God" e "Left to Rot". Posteriormente o álbum foi remasterizado e reeditado xunto co seu segundo traballo, Osculum Obscenum, no ano 2013.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Hypocrisy Categoría:Álbums musicais de 1992 Categoría:Álbums producidos por Peter Tägtgren Categoría:Álbums de Nuclear Blast Records