O Pacto de Estella ou Lizarrako Akordioa en éuscaro, tamén chamado Acordos de Estella, Acordos de Lizarra e posteriormente Acordos de Lizarra-Garazi, foi un acordo político subscrito o 12 de setembro de 1998 na localidade de Estella-Lizarra (Navarra), na Casa de Frei Diego, durante a terceira reunión do Foro de Irlanda, promovido pola coalición nacionalista vasca Herri Batasuna. Este pacto foi asinado polos partidos políticos vascos de carácter nacionalista e Ezker Batua - Berdeak e o Partido Carlista de Euskal Herría, así como distintos sindicatos e asociacións, para tentar dar solución ó chamado "conflito vasco", depositando a soberanía do País Vasco nos propios cidadáns deste territorio. Contido Algúns dos seus puntos fundamentais son:Estuda os factores propiciadores do Acordo de Paz en Irlanda do Norte.Non lles esixe condicións previas ós negociadores.Esixe condicións de ausencia de violencia.É un proceso aberto.
Firmantes Partidos ou coalicións políticas: Abertzaleen Batasuna (AB) Batzarre Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) Eusko Alkartasuna (EA) Herri Batasuna (HB) Iniciativa Ciudadana Vasca (ICV-EHE) Izquierda Unida - Ezker Batua (saíu do foro en xaneiro do 2000 cando ETA crebou a tregua) Partido Carlista de Euskalherria (PCE-EKA) Zutik Ipar Euskal Herriko Berdeak (observador) Sindicatos: Eusko Langileen Alkartasuna (ELA) Langile Abertzaleen Batzordea (LAB) Euskal Herriko Nekazarien Elkartasuna (EHNE) Coordinadora Unitaria de Izquierda Sindical (CUIS) Sindicato de Traballadores do Ensino de Euskadi - Euskadiko Irakaskuntzako Langileen Sindikatua (STEE-EILAS) Euskal Herriko Laborarien Batzarra (ELB) Ezker Sindikala Hiru Confédération française démocratique du travail (CFDT, observador) Outras organizacións: Xestoras Pro Amnistía - Amnistiaren Aldeko Batzordeak Gogoa Senideak Bakea Orain Elkarri Egizan Herria 2000 Eliza Gernika Batzordea Autodeterminazioaren Biltzarrak Anai Artea CAR - Ahaideak Comité de défense de droits de l´homme en Pays Basque EPSK - Gureak Gazteriak Gurasoak Hautetsi Abertzaleen Elkartea Herriarekin Jarrai Presoen Aldeko Koordinaketa Sostengu Komiteak UDA Treviño
Consecuencias A sinatura deste pacto produciu unha tregua de ETA, ata que o 3 de decembro de 1999 os terroristas dérona por finalizada. O 21 de xaneiro do 2000 volveron asasinar. Non houbo condena por parte de Herri Batasuna, o cal produciu a extinción da colaboración propiciada polo Acordo de Lizarra-Garazi.
Véxase tamén Ligazóns externas Simón Royo (2002). «Es hora de hacer memoria del Acuerdo de Lizarra-Garazi»
Categoría:Política de España Categoría:Lizarra