Master of None é unha serie estadounidense estreada en streaming o 6 de novembro de 2015 a través de Netflix. A serie foi creada por Aziz Ansari e Alan Yang, e está protagonizada polo propio Ansari no papel de Dev Shah, un actor que rolda os trinta anos que conta as súas experiencias románticas, profesionais e culturais. A primeira tempada está ambientada na cidade de Nova York, e consta de dez episodios. A segunda tempada, que ten lugar en Italia e Nova York, consta de dez episodios e foi estreada o 12 de maio de 2017.

Master of None gañou tres Premios Emmy e un Globo de Ouro. A serie recibiu a aclamación da crítica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2015 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2017 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América