Mike van Diem, nado en Druten en 1959, é un director de cinema neerlandés.

Traxectoria En 1990, a súa curtametraxe Alaska gañou o Golden Calf á mellor curta e o Premio Student Academy ó mellor estudante estranxeiro na categoría de drama. En 1998, recibiu o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa polo seu filme Karakter, que está baseado na novela homónima de 1938 escrita por Ferdinand Bordewijk.

Tamén dirixiu anuncios de televisión.

Filmografía parcial Karakter (1997) De surprise (2015) Tulipani, Liefde, Eer en een Fiets (2017)

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Directores de cinema dos Países Baixos