A República Socialista Soviética de Tadjiikistán (en , Çumhuriji Şūraviji Sotsialistiji Toçikiston; en , Tadzhikskaia Sovetskaia Sotsialisticheskaia Respublika) foi unha das repúblicas constituíntes da Unión Soviética, que existiu entre 1929 e 1991 no Asia central.

Foi estabelecida o 5 de decembro de 1929 como entidade nacional para o pobo taxico dentro da U.R.S.S., sucedendo á República Socialista Soviética Autónoma Taxica que fora creada o 14 de outubro de 1924 como parte da República Socialista Soviética de Uzbekistán no proceso de delimitación nacional no Asia central soviética. O 24 de agosto de 1990 a R.S.S. de Tadjiikistán declarou a súa soberanía, e o 31 de agosto de 1991 foi renomeada como República de Tadjiikistán e declarou a súa independencia da Unión Soviética.

Notas

Categoría:Historia de Tadjiikistán Tadjiikistán