A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío é unha asociación cultural e sociedade científica sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o fomento da afección, estudo, investigación e divulgación da astronomía.Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en Facebook.
Historia Fundación, obxectivos e características Fundada en 2002, a agrupación ten a súa sede na Casa das Ciencias da Coruña.
Xurdiu como froito da inquietude dun grupo de afeccionados á astronomía cun obxectivo claro: gozar e conseguir que outros gocen coa paixón polas noites estreladas e a ciencia da astronomía. Desde a súa creación foi medrando, desde os trece socios fundadores, até os máis de oitenta membros en 2019.
Trátase dun grupo aberto, no que calquera pode participar: non fan falta coñecementos previos, nin telescopio, nin ningunha titulación, só paixón pola astronomía e ganas de saír a observar un bo ceo estrelado.
Estrela Rosalíadecastro e planeta Riosar A súa iniciativa de nomear a estrela anteriormente identificada como HD 149143, da constelación Ofiúco, e o planeta HD 149143 b asociado a ela, conseguiu que se lle desen os nomes de Rosalíadecastro e Riosar, en referencia a Rosalía de Castro e ao río Sar, respectivamente.Marcos Pérez Pena (17 de decembro de 2019): Rosalía xa é unha estrela (e o río Sar un exoplaneta) en praza.gal. Consultado o 18 de decembro de 2019.Fundación Rosalía de Castro (17 de decembro de 2019): Unha estrela en Ofiúco chamada Rosalía de Castro. Consultado o 18 de decembro de 2019.
Congreso Estatal de Astronomía 2020
A Agrupación logrou que A Coruña sexa en 2020 a sede do XXIV Congreso Estatal de Astronomía. Nunha votación conseguiu o 90 % dos votos; das 39 entidades que se deron cita na edición do encontro, en Cuenca, 35 apoiaron a candidatura da cidade. Distincións
Premio Prismas 2020. Premio Rosalía de Castro de Lingua 2021 na categoría de entidades, "por impulsar a lingua galega nun ámbito tan especializado como a astronomía e sen bagaxe no noso idioma".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da agrupación.
Io Categoría:Sociedades científicas Categoría:A Coruña