Ease Down the Road é o sétimo álbum de estudio do músico estadounidense Bonnie "Prince" Billy, publicado o 19 de marzo de 2001 a través do selo Palace Records. Domino Recording Company tamén editou unha edición limitada no Reino Unido formada por 2 discos (Domino WIGCD89X). O disco extra contén temas dunha Peel Session da BBC retransmitida por primeira vez o 16 de marzo de 1999. A formación da banda neste disco incluía a Will Oldham, Mike Fellows, James Lo e Matt Sweeney.

Recepción Nathan Bush de AllMusic deulle ao álbum 4 estrelas de 5, dicindo: "Aparentemente máis seguro que nunca, o Ease Down the Road de Oldham é unha marabillosa adición a un catálogo que debería gañarlle un lugar entre os mellores compositores da súa idade,ou de calquera idade". Matt LeMay de Pitchfork deulle un 7,9 de 10, chamándoo "o traballo máis completo de Oldham ata a data" e "o seu máis diverso a nivel sonoro".

The Wire incluíuno na súa lista "2001 Rewind".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Will Oldham Categoría:Álbums musicais de 2001