miniatura|240px|Anverso miniatura|240px|Reverso
O dólar de 1804 é unha moeda de prata dese valor facial cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, da que se coñecen soamente quince exemplares. Malia o seu nome, e aínda que a data de 1804 aparece nos exergos dos seus anversos, ningún deses exemplares foi cuñado no devandito ano, senón na década de 1830 ou, mesmo, máis tarde.Brothers, E. (2016).
Caracterización
O coñecido como "dólar de 1804" corresponde á serie de moedas dun dólar coñecida como draped bust ("busto drapeado"), emitida desde 1798 ata 1803."Draped Bust Dollar ". Professional Coin Grading Services.
Estas son as características que o definen:"1 Dollar "Draped Bust Dollar" Heraldic eagle". Numista.
Valor: 1 dólar (valor expreso no canto, agás nalgúns exemplares). Data: 1804 (amosa esa data, aínda que a cuñaxe é posterior). Ceca: Casa da Moeda dos Estados Unidos (ceca de Filadelfia). Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10%). Diámetro: de 37 a 40 mm. Peso: Clase I: 26,5-26,9 g.Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). Páxinas 120-122. Clase II: 25,4 g.Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). Páxina 128.Clase III: 26,1-26,9 g.Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). Páxinas 129-130. Canto: lenda HUNDRED CENTS ONE DOLLAR OR UNIT (excepto nalgúns exemplares). Anverso: deseñado en 1795 por Robert Scot e gravado por John Eckstein. Busto da Liberdade ollando cara á dereita, coa lenda LIBERTY e a data no exergo."Draped Bust / Eagle and Shield Silver Dollars (1798-1804). Scot's Heraldic Design (1798-1803)". Bust Dollars. Reverso: deseñado en 1798. Aguia heráldica que sostén coas ás un rolo coa lenda E PLURIBUS UNUM, baixo 13 estrelas e nubes; nas poutas, unhas setas e unha póla de oliveira. Lenda UNITED STATES OF AMERICA polo bordo.
Historia
Orixe e finalidade O motivo da súa creación foi a súa inclusión en xogos especiais de moedas utilizados como obsequio a altos representantes doutros países durante as viaxes do comerciante e diplomático estadounidense Edmund Roberts (1784-1836) a Siam e ao sultanato de Mascate, na Península de Arabia.
Edmund Roberts distribuíu as moedas en 1834 e 1835. Ademais, encargouse a cuñaxe de dous exemplares máis destinados a altos representantes dos gobernos do Xapón e a Cochinchina, aínda que Roberts faleceu en Macau antes de os poder entregar.
Alén da súa finalidade inicial, a United States Mint produciu posteriormente algúns exemplares máis deste prestixioso dólar coa data inmobilizada de 1804 para comerciar con elas e, sobre todo, intercambiar con coleccionistas por algunhas outras pezas escasísimas desexadas para a Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos.
Os numismáticos non tiveron constancia da existencia do dólar de 1804 ata 1842, cando apareceu por primeira vez unha ilustración del nunha publicación feita por dous empregados da ceca, e un coleccionista adquiriu un exemplar en 1843 na propia Casa da Moeda. A partir dese momento, o coleccionismo comezou a interesarse por estas pezas e tense coñecemento de que algúns empregados da ceca cuñaron uns poucos exemplares clandestinamente para atender tal demanda. Porén, hai algunha leves diferenzas nos cantos entre estas emisións irregulares e as aprobadas oficialmente.
No ámbito numismático, os 15 exemplares coñecidos do dólar de 1804 clasifícanse do seguinte xeito:"1804 Dollar. The King of U.S. Coins. A Dollar in Three Classes ". Money.org. American Numismatic Association.
Clase I: os oito exemplares orixinais que se entregaron a gobernantes orientais antes de 1835. Con lenda no canto. Clase II: recuñaxes realizadas na ceca estadounidense entre 1858 e 1859 (coñécese un único exemplar, cuñado sobre un tálero de tiro suízo). Con canto liso. Clase III: seis exemplares cuñados irregularmente para o coleccionismo entre 1858 e 1859. Inicialmente cuñados con cantos lisos, aos que posteriormente se lles engadiu a lenda propia dos de clase I.
Cuñaxes para a misión diplomática de Edmund Roberts miniatura|Said ibn Sultan, o sultán de Mascate e Omán, receptor do primeiro estoxo que contiña o dólar de 1804. miniatura|Rama III, rei de Siam, receptor do segundo estoxo
En 1832, o diplomático e navegante comercial Edmund Roberts empezou a exercer como enviado do Goberno dos Estados Unidos en Asia, coa misión de negociar acordos de comercio internacional con esa rexión.Bowers, Q. D. (1999). Páxina 142.Borckardt, M.; Stone, D. (2013). Páxina 23. Oficialmente, Roberts era un "axente especial", pero máis tarde un documento do Departamento de Estado describíao como un "enviado especial". O historiador numismático Q. David Bowers suxire que o cargo orixinal de Roberts puido ser creado para evitar a intervención do Congreso, xa que os embaixadores e os enviados especiais requirían a aprobación do Senado.Bowers, Q. D. (1999). Páxina 191. Durante a súa misión asinou acordos con Said ibn Sultan, o sultán de Mascate e Omán, e co ministro de Asuntos Exteriores de Siam (a actual Tailandia).Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). Páxina 63. Roberts recibiu inicialmente diversos artigos para presentar a modo de obsequio para as persoas coas que negociaba, aínda que el os describiu como "de moi mala calidade e de moi pouco valor".Roberts, E. (1837). Páxina 319. Despois da ratificación nos Estados Unidos dos acordos que el asinara, Roberts tivo que regresar a Siam e a Mascate para recibir a aprobación dos representantes daquelas nacións. Nunha carta ao Departamento de Estado dos EEUU do 8 de outubro de 1834, Roberts insistía nas críticas aos agasallos anteriores, por inadecuados, e solicitaba un conxunto de moedas como un obsequio acaído para o sultán:Bowers, Q. D. (1999). Páxina 195.
Áchome bastante perdido para saber que artigos serán máis aceptables para o sultán, mais supoño un conxunto completo de moedas novas de cobre, prata e ouro dos EE.UU. coidadosamente disposto nun estoxo de pel sería axeitado para llo enviar non só ao sultán, senón tamén a outros asiáticos.
Noutra carta, enviada o 11 de novembro do mesmo ano ao director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, o Secretario de Estado apoiaba e asumía as suxestións feitas por Roberts:
O Presidente Andrew Jackson ordenou que se envíe un xogo completo das moedas dos Estados Unidos ao Rei de Siam e outro ao Sultán de Mascate. Xa que logo, solicítaselle que lle envíe ao Departamento, con ese fin, espécimes duplicados de cada tipo en circulación, tanto de ouro, como de prata e de cobre.
O Secretario de Estado ordenou tamén ao director da ceca que fixese dúas caixas de coiro para albergar as moedas, unha de cor amarela e outra carmesí, e que os custos das caixas e das moedas se collesen do Tesouro do país. Máis tarde, nunha carta do 2 de decembro de 1834, engadiu ás súas ordes que se incluísen os emblemas nacionais (entre eles a aguia e as estrelas) na parte exterior das caixas.
No seu libro The Fantastic 1804 Dollar, os historiadores numismáticos Eric P. Newman e Kenneth E. Bressett afirman que xurdiu un problema na Casa da Moeda respecto a como interpretar as ordes do Secretario de Estado.Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). Páxina 64. Como na súa correspondencia inicial se indicaba que os xogos debían incluír moedas de cada tipo en circulación, os funcionarios da ceca incluíron tanto o dólar de prata como a moeda de 10 dólares de ouro (os dólares cuñados en 1804 amosaban a data de 1803, e non así os 10 dólares).Yeoman, R. S. (2008). Páxina 255. Aínda que a moratoria da emisión de dólares de prata xa se levantara en 1831, desde marzo de 1804 non volvera emitirse ningunha moeda con este valor.Julian, R. W. (1993). Páxina 432. Cuñáronse entón dous xogos de moedas, cun acabamento especial (proof), que lle foron entregados nas súas respectivas caixas a Roberts pouco antes da súa partida no buque USS Peacock, o 27 de abril de 1835.Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). Páxinas 64-65. As moedas de dólar amosaban no anverso un busto drapeado como representación alegórica da Liberdade, e nos reversos unha aguia heráldica.Yeoman, R. S. (2008). Páxina 210. Entre a listaxe doutros obsequios que Roberts levaba para as misións no Xapón e na Cochinchina (hoxe parte de Vietnam), figuraban outros dous xogos de moedas.Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). Páxina 65.
Roberts entregoulle o primeiro xogo de modas a Said ibn Sultan o 1 de outubro de 1835, e o segundo ao rei Rama III de Siam o 6 de abril do ano seguinte.Bowers, Q. D. (1999). Páxina 235.Bowers, Q. D. (1999). Páxina 264. Roberts morreu en Macau o 12 de xuño de 1836, polo que non puido completar a rolda de contactos con outras nacións. O 30 de xuño, Edmund P. Kennedy, comandante en xefe da frota diplomática estadounidense no Extremo Oriente, comunicoulle por escrito ao Departamento de Estado que ordenara que os agasallos que ficaran sen entregar á morte de Roberts se enviasen novamente aos Estados Unidos, e entre eles debían estar os xogos destinados a Cochinchina e ao Xapón.
O máis probable é que todos os dólares cuñados para a inclusión nestes xogos de agasallo diplomático levasen a data de 1804.Bowers, Q. D. (1999). Páxina 28. Non se coñece a ciencia certa o porqué da escolla desa data, aínda que o historiador numismático R. W. Julian suxire que se puido deber á intención de non anoxar os coleccionistas, que non terían podido adquirir estas moedas coa data de 1834 para completaren as súas series anuais, se se tivesen cuñado coa data real do ano de cuñaxe. O xefe de cuñaxe da ceca, Adam Eckfeldt, despois de consultar co director da institución, indicou equivocamente que a produción de dólares datados en 1804 fora de 19.570. O equícoco radicaba en que os datos consultados por el se correspondían coas moedas de dólar cuñadas durante aquel ano, aínda que realmente se utilizaran cuños vellos e aquelas moedas seguían amosando a data de 1803.Julian, R. W. (1993). Páxina 433.
Todos estes dólares cuñados para os conxuntos de agasallo diplomático, así como outros espécimes cuñados cos mesmos cuños, coñécense colectivamente co nome de "dólares de 1804 clase I".Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). Páxina 35. En total, na actualidade coñécense oito exemplares.Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). Páxina 203.Borckardt, M.; Stone, D. (2013).
Recuñaxes posteriores esquerda|miniatura|400px|Exemplar exposto do dólar de 1804 de clase III coñecido como "exemplar Idler Bebee".
Durante o século XIX, os empregados da ceca produciron en diversas ocasións copias non autorizadas de moedas estadounidenses que xa non estaban en circulación.Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). Páxina 75. Aínda que esta práctica de recuñaxes se fixo con transparencia na ceca de Filadelfia a partir da década de 1830, a finais da de 1850 as recuñaxes seguiron producíndose dun xeito irregular e clandestino.Bowers, Q. D. (1999). Páxinas 17-19.
Nas décadas posteriores á cuñaxe dos primeiros dólares de 1804, os coleccionistas decatáronse da súa existencia e comezaron a devecer por obteren algún exemplar, o que levou algúns funcionarios da ceca a cuñaren un pequeno número de exemplares en 1858.Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). Páxina 78-80. Esas recuñaxes, que hoxe se coñecen como "dólares de 1804 clase II", tiñan os cantos lisos e desprovistos de lendas, en oposición aos dólares de circulación regular do tipo draped bust e tamén aos cuñados para a misión diplomática, que si que levaban inscrición.Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). Páxina 80.