Eugenio Martínez Pasalodos, nado en 1919 en Puertollano e finado o 6 de novembro de 1962 en Madrid, foi un xogador de rugby internacional e dirixente deportivo.
Traxectoria Xogou ó rugby no SEU Madrid e ocupou durante dez anos a xefatura de deportes do sindicato estudantil. Ocupou a presidencia da Federación Española de Atletismo durante dous anos (25/11/1954 - 14/01/1957) ata que foi elixido para ocupar a presidencia da Federación Española de Rugby, na que estivo entre 1957 e o momento do seu falecemento.
Durante a súa presidencia da RFEA tiveron lugar en Barcelona os segundos Xogos Mediterráneos.
Exerceu as profesións de médico xinecolóxico e mestre de educación física.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos biográficos de Eugenio Martínez Pasalodos , no Mundo Deportivo. Nova do falecemento de Eugenio Martínez Pasalodos, no ABC. Presidentes da RFEA
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados en Puertollano Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 1962 Categoría:Atletismo en España Categoría:Rugby en España