José María Bourio Fernández, nado en Lugo o 11 de decembro de 1907 e finado no mesmo concello o 16 de febreiro de 1986, foi un profesor e político galego.
Traxectoria Funcionario da Delegación de Traballo, foi contador do Colexio Pericial Mercantil (1932). En 1936 era profesor de mercantil, caligrafía e debuxo no Instituto Feminino de Lugo. Afiliado á UGT, foi vicesecretario da Federación Provincial Trabajadores de Lugo (1932). Foi secretario das Juventudes Socialistas (1932), secretario de actas das Juventudes Socialistas Unificadas (1936) e membro da Agrupación Socialista lucense.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido e agochado nos montes de Barreiros ata que puido embarcar rumbo a Cuba vestido de cura con identidade falsa. Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi sancinado en ausencia. En Cuba traballou como dependente da Ferretería Celestino Joaristi y Cía. e despois como xefe de vendas da empresa norteamericana Remintong Rand. Adquiriu a nacionalidade cubana.
En 1947 regresou a Galicia con permiso de tres meses e dous anos despois con toda a familia con intención de quedar, pero tiveron que volver por problemas na renovación do permiso de estancia. En Cuba mantivo contacto co Círculo Republicano Español e a Casa de la Cultura. En 1958 regresou definitivamente a Galicia.Bourio, profesor republicano de Barreiros que huyó a Cuba disfrazado de cura Vida persoal Casou con Isabel Villarino del Riego e foi pai de José e Carlos Bourio Villarino.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Repertorio biobibliográfico do exilio galego Ligazóns externas Ficha en Represión Franquista en Lugo
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Exilio galego
Categoría:Galegos de Cuba
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes