Michael "Mickey" Melchiondo Jr., nado o 25 de setembro de 1970 e coñecido polo seu nome artístico Dean Ween, é un guitarrista estadounidense, e a metade da banda de rock alternativo Ween. No presente Melchiondo está activo cos grupos Moistboyz, The Dean Ween Group e Ween.
Biografía Melchiondo coñeceu a Aaron Freeman nunha clase de mecanografía no instituto na súa cidade natal de New Hope, Pensilvania. Os dous adoptaron o apelido ficticio Ween, collendo Melchiondo o nome de Dean Ween e Freeman o de Gene Ween.
En 1991 Melchiondo formou un dúo de punk rock con Guy Heller chamado Moistboyz, editando cinco álbum de estudio, todos eles autotitulados.
Melchiondo colaborou en dous proxectos do seu amigo Josh Homme: The Desert Sessions e Queens of the Stone Age. No álbum de 2002 de Queens of the Stone Age Songs for the Deaf, Melchiondo tocou a guitarra en "Mosquito Song", "Gonna Leave You" e "Six Shooter".
En 2009 Melchiondo recibiu a súa licenza de capitán e adoita a organizar viaxes de pesca na costa de Jersey cunha empresa chamada Mickey's Guide Service.
En 2012, tras a separación de Ween, Melchiondo formou The Dean Ween Group. En agosto de 2016 anunciouse o álbum de estrea de The Dean Ween Group, The Deaner Album, que foi editado o 21 de outubro a través do selo ATO Records. Un segundo álbum, rock2, foi editado en marzo de 2018.
En novembro de 2015 Ween anunciou a súa reunión.
Notas
Categoría:Nados no condado de Bucks, Pensilvania Categoría:Nados en 1970 Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América