A absolución é unha práctica relixiosa propia de varias igrexas cristiás pola que se libera ó home do pecado.

Catolicismo miniatura|dereita|Símbolo da absolución despois da confesión

A absolución é parte integral do sacramento da penitencia: o penitente ten que facer acto de contrición, confesarse e ter propósito de emenda. O sacerdote que lle dea a absolución tivo que ser ordenado validamente e ter a xurisdición, concedida pola autoridade eclesiástica competente, sobre o penitente. A absolución xeral tan só se pode outorgar en casos de emerxencia extrema con perigo de morte inmediata e de sobreviviren os penitentes teñen que realizar unha confesión normal axiña como poidan.

Ortodoxia A absolución forma parte do sacramento da penitencia pero é unha invocación do sacerdote para que Deus lle conceda o perdón dos pecados.

Anglicanismo A absolución usualmente ten lugar despois da Confesión Xeral durante a Eucaristía e é un compoñente do sacramento da confesión. Polo tanto só pode ser realizada por un sacerdote ou un bispo.

Luteranismo

Os luteranos practican a "confesión e absolución" de dúas formas. Eles ven nos versículos de Sant 5:16 e Xn 20:23 a evidencia bíblica da confesión. A primeira forma da absolución incorpórase ó comezo do servizo divino, de xeito similar á tradición anglicana. A congregación confesa en silencio os seus pecados, recita o confiteor, e recibe a absolución polo pastor.

A segunda forma coñécese como "Santa Absolución", e se fai privadamente co pastor. O penitente confesa os seus pecados e fai un acto de contrición, e o pastor pronuncia entón a fórmula de absolución.

Na Confesión de Augsburgo, que contén os principios básicos do luteranismo, ensínase que:

Malia a insistencia en conservala, as igrexas luteranas movéronse cara ás absolucións comunitarias, e a práctica da confesión privada ten caído en desuso na maioría das igrexas, con algunhas excepcións, como por exemplo a Igrexa Luterana-Sínodo de Missouri

Notas

Categoría:Cristianismo