Os Sunwolves (), actualmente coñecidos como os HITO-Communications Sunwolves por motivos de patrocinio, son un equipo profesional de rugby que representa ao Xapón na competición do Super Rugby da SANZAAR. O equipo ten a súa sede en Tokyo, mais tamén xoga algúns encontros en Singapur. O equipo debutou no Super Rugby na temporada 2016. En marzo de 2019 o equipo anunciou que a temporada de 2020 sería a súa última por motivos económicos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial dos Sunwolves
Categoría:Equipos de rugby do Xapón