A holoxenómica é o estudo ómico de holoxenomas. Un holoxenoma é o conxunto completo de xenomas dun organismo ou nicho ecolóxico (o holobionte), incluíndo os microbios que o cohabitan, outras formas de vida e virus. Pode incluír xenomas da flora intestinal ou viral ligados ao xenoma humano ou animal para a investigación das interaccións hóspede-microbio. As estratexias holoxenómicas foron ata agora utilizadas para explicar a diversidade xenética nas comunidades microbianas das esponxas mariñas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Panxenoma Superorganismo

Categoría:Ómica Categoría:Xenómica