Chantal Akerman, nada en Bruxelas o 6 de xuño de 1950 e finada en París o 5 de outubro de 2015, foi unha directora de cinema e artista belga, profesora de cinema na European Graduate School.Chantal Akerman Faculty Page at European Graduate School Os seus filmes están baseados en observacións sobre a vida cotiá, a necesidade de comer, a sexualidade, o illamento e a política de exclusión no século XX. Deuse a coñecer ao gran público co filme Jeanne Dielman, 23 quai du Commerce, 1080 Bruxelles (1975), onde exemplifica o seu modo de evadir a narrativa convencional mediante a elipse. Nos últimos anos destacou así mesmo na literatura.

Traxectoria Akerman naceu no seo dunha familia xudía practicante en Bruxelas. Os seus avós e a súa nai foron enviados a Auschwitz e só se salvou a súa nai. A ansiedade materna e o exilio foron temas recorrentes na súa filmografía.

Akerman sinalou que tras ver aos quince anos Pierrot le Fou (1965) de Jean-Luc Godard, decidiu rodar ela mesma. Aos dezaoito entrou no Institut National Supérieur des Arts du Spectacle et des Techniques de Diffusion, centro de ensino de cinematografía belga. Axiña o abandonou e realizou unha curtametraxe en 35 mm en branco e negro cos seus aforros, Saute ma ville (1968), que dura trece minutos e ten como protagonista unha moza (ela mesma como actriz) e a súa relación conflitiva coas cousas cotiás. En 1971, foi premiada no festival de Oberhausen. Ese mesmo ano trasladouse a Nova York, onde estivo ata 1972. Alí viu cinema independente, especialmente de Stan Brakhage, Jonas Mekas, Andy Warhol e Michael Snow. Obras de 1972, como Hotel Monterey e curtametraxes como La Chambre 1 e La Chambre 2, revelan a súa nova aprendizaxe. Iniciou entón unha colaboración coa cineasta Babette Mangolte.

En 1973, Akerman regresou a Bélxica. En 1974, foi recoñecida pola crítica con Je tu il elle, filme experimental sobre a agresión. O seu manifesto é un clásico moderno. Jeanne Dielman, 23 quai du Commerce, 1080 Bruxelles (1975), eloxiado por The New York Times como "a primeira obra mestra do feminino na historia do cinema", trata dunha eficiente ama de casa que se ve obrigada a prostituírse para poder vivir co seu fillo. Axiña, en 1978, concluíu Les Rendez-vous d'Anna, un filme que destacou pola súa beleza e precisión.

En 1991, presentou a súa longametraxe Nuit et jour, onde inverte o dúo día e noite, é a historia dun trío amoroso, con dous mozos e unha moza, que viven nas súas relacións de paixón separadas en dúas metades do día, case sen durmir. O filme, como dixo Akerman, non ten nada que ver co modo de facer de Truffaut, mais hai unha homenaxe indirecta á materia de Jules et Jim e outro expreso cun libro que leva un protagonista cun relato de Truffaut. Ese mesmo ano foi membro do xurado do 41.º Festival de Cinema de Berlín.

Akerman sempre rexeitou, a pesar do carácter escollido da súa obra, que o seu cinema se agoche en guetos. En 2011 presentou a súa versión da novela de Joseph Conrad, Almayer's Folly.

Akerman faleceu o 5 de outubro de 2015 en París; Le Monde informou de que se suicidou. Tiña 65 anos. O seu último filme foi o documental No Home Movie, unha serie de conversas coa súa nai pouco antes da morte desta. Do filme, Akerman dixo: "penso que se eu soubese que ía facer con isto, non me atrevería a facelo". Segundo a irmá de Akerman, fora hospitalizada pouco antes por depresión e volvera a París dez días antes da súa morte.

Filmografía AnoTítuloLonxitude Notas1968Saute ma Ville13 minutos 1971L'enfant aimé ou Je joue à être une femme mariée35 minutos 1972La Chambre 111 minutos Akerman foi tamén montadora1972La Chambre 211 minutos Akerman foi tamén montadora1972Hotel Monterey62 minutos 1973Le 15/842 minutos codirixido con Samy SzlingerbaumAkerman tamén foi directora de fotografía e montadora1973Hanging Out Yonkers90 minutos incompleto1974Je Tu Il Elle90 minutos 1975Jeanne Dielman, 23 Quai du Commerce, 1080 Bruxelles201 minutos 1976News from Home85 minutos 1978Les Rendez-vous d'Anna127 minutos 1980Dis-moi127 minutos 1982Toute une nuit89 minutos 1983Les Années 8082 minutos 1983Un jour Pina à demandé57 minutos 1983L'homme à la valise60 minutos 1984J'ai faim, j'ai froid12 minutos segmento de Paris vu par, 20 ans après1984New York, New York bis8 minutos perdido1984Lettre d'un cinéaste8 minutos 1986Golden Eighties96 minutos 1986La paresse14 minutos segmento de Seven Women, Seven Sins1986Le marteau4 minutos 1986Letters Home104 minutos 1986Mallet-Stevens7 minutos 1989Histoires d'Amérique92 minutos Participou no 39.º Festival de Cinema de Berlín1989Les trois dernières sonates de Franz Schubert49 minutos 1989Trois strophes sur le nom de Sacher12 minutos 1991Nuit et jour90 minutos Participou no 48.º Festival de Cinema de Venecia1992Le déménagement42 minutos 1992Contre l'oubli110 minutos Akerman dirixiu un segmento curto1993D'Est107 minutos 1993Portrait d'une jeune fille de la fin des années 60 à Bruxelles60 minutos 1996Un divan à New York108 minutos 1997Chantal Akerman par Chantal Akerman64 minutos 1999Sud71 minutos 2000La Captive118 minutos Colaboración con Eric de Kuyper2002De l'autre côté103 minutos Akerman foi tamén unha dos tres directores de fotografía2004Demain on déménage110 minutos Colaboración con Eric de Kuyper2006Là-bas78 minutos Akerman foi tamén directora de fotografía con Robert Fenz2007Tombée de nuit sur Shanghaï60 minutos segmento de O Estado do Mundo2011La Folie Almayer 127 minutos 2015No Home Movie 115 minutos Akerman foi tamén directora de fotografía

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Chantal Akerman Faculty Page at European Graduate School

Artist's page in Artfacts.Net with actual major exhibitions. Interview with Chantal Akerman Screens of Film, Video, Memory, and Smoke by Ana Balona de Oliveira in Fillip Chantal Akerman, Professor in the Film/Video Program of the City College of New York

Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Suicidios en 2015 Categoría:Directores de cinema de Bélxica Categoría:Guionistas de Bélxica Categoría:Escritores de Bélxica Categoría:Suicidas de Bélxica