O condado de Ivry era unha xurisdición feudal de Normandía, realmente un señorío aínda que ao estar gobernado por condes aparece nomeado como condado. A familia de Ivry ten unha xenealoxía complicada e incerta.

A casa condal tivo a súa orixe en Esperlengo de Pîtres, casado con Sprota, que antes fora concubina ou esposa de Guillerme I, o duque de Normandía, e da que tivo polo menos catro fillos, dos cales tres foron mulleres e un varón, coñecido como Raúl de Ivry, que foi o primeiro conde de Bayeux ao redor do ano 1000. Casou con Aubrea de Caville ou Cacheville e foi ela quen construíu o castelo de Ivry; Cando quixo expulsar ao seu marido do castelo, este matouna. Tiveron cinco fillos:

Hugo de Ivry (m. 1049), que aparece mencionado como bispo de Bayeux sobre 1015. O castelo de Ivry foi confiscado por Roberto II de Normandía. Tivo dous fillos ilexítimos.

Raúl de Ivry (m. despois de 1030).

Xoán de Ivry (1079), bispo de Avranches sobre 1061 (sete anos e medio), bispo de Rouen en 1069 (dez anos).

Dúas fillas, Emma e unha de nome descoñecido.

O duque de Normandía trala expropiación nomeou vizcondes en Bayeux. A familia de Ivry continuou polo seu lado xeralmente asociada ao señorío ou á baronía de Ivry. A través de Aubera (casado cun tal Roberto de Ivry) ou de Roger, fillos de Hugo, seguiron e xurdiron os fillos dun deles, Roberto III, que era señor en 1060, e o seu irmán Roger, mencionado en 1089. Ascelino I Goël aparece máis tarde como preboste de Ivry e foi o pai de Roberto III o Loiro, morto en data descoñecida pero despois de 1118, e de Guillerme I Louvel falecido despois de 1153. Este tivo un fillo de nome Galerano I, a partir do que parecen crearse dúas ramas. A primeira titulada Baróns de Ivry continúa con Roxerio I, Guillerme II, Roberto II, Xoán, Carlos, Guillerme III e Carlos III ata 1426. A segunda continúa con Roberto IV (m. 1213), Galerano II (que en 1221 se declarou vasalo do rei de Francia), Roberto V, (m. 1270), o seu irmán Galerano III (m. 1282), Roberto VI, e un familiar, chamado Roberto VIII Robinet, finado en 1323, señor en 1318.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Xenealoxía Condes e vizcondes de Bayeux, señores de Ivry

Categoría:Condados de Francia Categoría:Historia de Normandía