miniatura|240px|Cordylus cordylus. miniatura|240px|Lagarto arnal (Timon lepidus). miniatura|240px|Lagarta galega (Podarcis bocagei). miniatura|240px|Xantusia henshawi. A dos escincomorfos (Scincomorpha) é unha infraorde de réptiles da orde dos escamosos e suborde dos lacertilios.

Taxonomía Descrición A infraorde foi descrita en 1923 polo paleontólogo e zoólogo estadounidense, especializado en herpetoloxía, Charles Lewis Camp,Scincomorpha en Wikispecies. en "Classification of the lizards". Bulletin of the American Museum of Natural History 48: 289-481.

Etimoloxía O nome científico Scincomorpha está formado sobre a base do nome do seu xénero tipo, Scincus, coa adición do sufixo do latín científico -morpha, feminino singular e neutro plural de -morphus "-morfo", derivado do grego antigo μορφή morphē, "forma", "figura", especialmente do corpo, "aspecto", "aparencia".Scincomorpha no Merriam-Webster Unabriged Dictionary. Lieralmente, "os parecidos aos escincos".

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a infrorde coñeceuse tamén polos sinónimos:

Scinciformata.Scinciformata no NCBI.[http://taxonomicon.taxonomy.nl/TaxonTree.aspx?src=9349&id=49301 Taxon: Scinciformata Vidal & Hedges, 2005] (Como suborde). En The Taxonomicon. Leptoglosa.Scincomorpha en esacademic.com .

Clasificación Na infraorde recoñécenese xeralmente as sete familias seguintes:Infraorder Scincomorpha en The Reptil Database. Consultada o 16 de novembro de 2019. Cordylidae Mertens, 1937 Gerrhosauridae Fitzinger, 1843 Gymnophthalmidae Merrem, 1820 Lacertidae Gray, 1825 Scincidae Gray, 1825 Teiidae Gray, 1827 Xantusiidae Baird, 1858

Porén, segundo Stephen Blair Hedges (2014), só comprendería:Hedges, S. B. (2014): "The high-level classification of skinks (Reptilia, Squamata, Scincomorpha)". Zootaxa 3765 (4): 317–338. Cordylidae Gerrhosauridae Lacertidae Scincidae Xantusiidae

Características As principais características dos scincomorfos son: Son animais escamosos, con dentición pleurodóntica,Nesta dentición a base dos dentes é aplanada, con estrías irregulares, e está firmemente incrustada no maxilar. cos parietais funsionados e lingua simple, coa cabeza non delimitada claramente do resto do corpo, que é delgado e con frecuente tendencia á redución das extremidades. As súas especies viven en todo o mundo, sobre todo nas rexións trópicais e subtropicais, principalmente no solo e, a miúdo, en zonas áridas. Só unhas poucas poden trepar e vivir nas árbores. Algunhas teñen unha aparencia semellante á das serpentes, por teren as extremidades moi reducidas. Todos os escincomorfos teñen a lingua cuberta por escamas planas superpostas.

Rexistro fósil Apareceron por primeira vez no rexistro fósil hai uns 170 millóns de anos, durante o Xurásico.Evans, S. E. & Jones, M. E. H. (2010): "The Origin, Early History and Diversification of Lepidosauromorph Reptiles." Pp. 27-44 in Bandyopadhyay, S. (ed.), New Aspects of Mesozoic Biodiversity, 27 Lecture Notes in Earth Sciences 132. Ver en PDF.

Filoxenia Estudos de bioloxía molecular discuten a monofilia dos escincomorfos, e conforman o novo taxon dos Scinciformata, que corresponde á superfamilia anterior dos Scincoidea, deixando fóra aos lacértidos.Nicolas Vidal & S. Blair Hedges (2005): "The phylogeny of squamate reptiles (lizards, snakes, and amphisbaenians) inferred from nine nuclear protein-coding genes". (PDF). En: C. R. Biologies 328: 1000–1008.T. Townsend; A. Larson; E. Louis; J. R. Macey (2004): "Molecular phylogenetics of squamata: the position of snakes, amphisbaenians, and dibamids, and the root of the squamate tree". En: Syst. Biol. 53 (5):735–757.Nicolas Vidal & S. Blair Hedges (2009): "Lizards, snakes and amphisbaenias (Squamata)". (PDF). En: S. Blair Hedges & Sudhir Kumar: The Timetree of Life. Oxforf: Oxford University Press. ISBN 978-0-1995-3503-3.

O seguinte cladograma nostra as relacións filoxenéticas das familias dos Scincoidea:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Sánchez-Martínez, Paola María; Martha Patricia Ramírez-Pinilla & Daniel Rafael Miranda-Esquivel (2007): "Comparative histology of the vaginal–cloacal region in Squamata and its phylogenetic implications". Acta Zoologica (Stockholm) 88: 289–307. Vidal, N. & Hedges, S. B. (2009): "The molecular evolutionary tree of lizards, snakes, and amphisbaenians". Comptes Rendus Biologies 332: 129–139.

Outros artigos Escamosos Lacertilios

Ligazóns externas Scinciformata no NCBI.

Categoría:Saurópsidos Categoría:Escamosos