Locust Abortion Technician é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock experimental Butthole Surfers, publicado en marzo de 1987 a través do selo Touch and Go Records. Todas as cancións foron compostas e producidas por Butthole Surfers, agás "Kuntz", dos artistas tailandeses Phloen Phromdaen e Kong Katkamngae, que orixinalemnet non apareceron acreditados. O álbum foi lanzado orixinalmente como un vinilo por Touch and Go, e foi remasterizado e reeditado en CD por Latino Buggerveil en 1999.
A ilustración da portada de Locust Abortion Technician de dous pallasos xogando cun can foi pintada por Arthur Sarnoff, e foi titulada "Fido and the Clowns".
Kurt Cobain listouno entre os seus 50 mellores discos de todos os tempos.Cross, Gaar, Gendron, Martens, Yarm (2013). Nirvana: The Complete Illustrated History. p. 145. ISBN 978-0-7603-4521-4 Tamén aparece no libro de Robert Dimery 1001 Albums You Must Hear Before You Die.Robert Dimery; Michael Lydon (7 February 2006). 1001 Albums You Must Hear Before You Die: Revised and Updated Edition. Universe. ISBN 0-7893-1371-5 En 2018 Pitchfork incluíu o álbum na súa lista dos "200 mellores álbums dos 80".
Listaxe de cancións Todos os temas compostos e producidos por Butthole Surfers, agás onde se indique.
Cara A
Cara B
Notas
Categoría:Álbums de Butthole Surfers Categoría:Álbums musicais de 1987 Categoría:Álbums de Touch and Go Records