José Vázquez Fernández-Pimentel, nado en Lugo cara a 1900, foi un político galego.
Traxectoria Irmán do poeta Luís Pimentel. Estudou na Residencia de Estudiantes. Licenciado en Ciencias químicas. Oficial de telégrafos en Lugo. Bibliotecario da Asociación Instituto de la Cultura Gallega (1931). Militante do Partido Galeguista. Logo das eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Lugo e a finais de marzo xestor da deputación de Lugo en representación do distrito de Chantada-Sarria logo da dimisión de Armando Abuín Iglesias.El Pueblo Gallego, 31-3-1936, p. 13. Foi director interino da Escola Elemental de Traballo de Lugo. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído como director da Escola Elemental de Traballo en outubro,La Voz de Galicia, 8-10-1936, p. 5. e expedientado por responsabilidades políticas en 1940,BOE, 6-11-1940, p. 5135., foi condenado a catro anos de inhabilitación e pago dunha multa de 500 pesetas. En decembro de 1939 foi nomeado delegado en Lugo do Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e Ciencias da USC.El Progreso, 27-12-1939, p. 2.
Vida persoal
Casou con María Luisa Cereijo Porras e foi pai de María Belén e José Luis Vázquez Cereijo. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo Expediente de responsabilidade política nº 68/1940 de José Vázquez Fernández Pimentel e Narciso Aloguín Benedicto
Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes