Laura Novelle López, máis coñecida como Laura Novelle, nada no Carballiño en 1978, é investigadora, documentalista, bibliotecaria e escritora galega.
Traxectoria
Licenciada en Historia e posgrao en Xestión de Documentos pola Universidade Xaime I, gozou de varias bolsas de investigación académica e participou durante 11 anos en proxectos de investigación financiados con fondos públicos por universidade. Posteriormente traballou como profesora nos distintos campus da Universidade de Vigo (UVIGO) e en tarefas técnicas nas bibliotecas públicas da Rede de bibliotecas públicas da Xunta de Galicia e en bibliotecas privadas. Tamén se dedicou á divulgación científica para estudantes de Humanidades a través do seu blog "Docendo Discitur". Neste sentido, publicou varios libros como Sobrevivir al trabajo fin de grado en Humanidades y Ciencias Sociales. Todo lo que necesitas saber, 39 escalones con vistas al mar o De la arcilla al ebook: Historia del libro y las bibliotecas, que xa ten actualizada unha segunda edición.
Novelle padece a síndrome de Liddle, un tipo de encefalopatía que a acompaña dende o nacemento e reduce enormemente a súa mobilidade. Ela di no seu blog: "Teño unha especie de parálise cerebral, pero non teño unha mente paralizada". É resistente a que a súa característica de persoa con incapacidade absorbe toda a súa identidade e agocha moitas outras habilidades.
Nas eleccións municipais de 2019 formou parte da candidatura do BNG da Pobra do Caramiñal, situada no terceiro lugar da lista.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bloc "Docendo Discitur"
Categoría:Bibliotecarios Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1978 Categoría:Alumnos da Universidade Xaime I Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes