Bernardino de la Trinidad González de Rivadavia, nado en Buenos Aires o 20 de maio de 1780 e finado en Cádiz o 2 de setembro de 1845, foi un político da Arxentina, o primeiro presidente do seu país.
Orixe Era fillo de Benito Bernardino González de Rivadavia, avogado e comerciante en Buenos Aires e natural de Monforte de Lemos. A súa nai, María Josefa de Jesús Rivadavia Rivadeneira, nada en Buenos Aires o 13 de xaneiro de 1755, era filla de José Antonio Rivadavia Díaz, tamén de Monforte, e de María Feliciana Rivadeneira Domínguez, filla á súa vez de Antonio Rivadeneira Pérez de Novoa, natural de Camariñas, e de María Domínguez Basurto, cuxo pai nacera en Cádiz.
Traxectoria Durante as invasións inglesas de 1806 participou como tenente no Tercio de Gallegos. Entre 1811 e 1826 ocupou diferentes cargos como o de Secretario da Xunta ou cabeza do triunvirato liderando o movemento independentista de España (mais sendo acusado nas divisións internas dos Terzos de "españolista"["Bernardino Rivadavia"]), organizando a milicia, eliminando os organismos censores da prensa e cesando o tráfico de escravos, estando en máis dunha ocasión exiliado. Exerceu diferentes misións diplomáticas en Europa e en 1826 foi electo o primeiro presidente da Arxentina. ["Bernardino Rivadavia"] Goberno Durante o seu goberno creáronse diversos museos locais e o Museo Argentino de Ciencias Naturales, a Biblioteca Nacional e a Universidade seguindo o novo lema nacional de “paz, organización e progreso”. O seu goberno enfrontou diversos problemas, basicamente referentes á guerra contra o Brasil, na disputa polo provincia Cisplatina, actual Uruguai.
Destacou a súa reforma eclesiástica, a expansión de fronteiras e a lei de enfiteusis, que intentou promover a colonización, así como o debate sobre o usuario contrato de débeda pública coa banca británica Baring. Como unionista capitalizou a cidade de Buenos Aires e dividiu a provincia en tres parcelas, arrebatando as rendas do porto á clase dominante da provincia bonaerense, os Terrero, os Rosas e os Anchorena, o que desatou a inimizade pública cos federalistas "Bernardino Rivadavia". Culminando estas co levantamento do xeneral Lavalle que derroca ao gobernador federal de Buenos Aires en 1828. Un ano antes, en 1827, Rivadavia renuncia ao goberno e exíliase en Europa.
Notas
Categoría:Presidentes da Arxentina Categoría:Deputados do Congreso da Nación Arxentina Categoría:Nados en 1780 Categoría:Nados en Buenos Aires
Categoría:Finados en 1845 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina