Kaltham Jaber Al-Kuwari (), nada en Doha en 1958, é unha profesora e escritora qatarí.. Considerada pioneira no seu país, en 1978 foi a primeira muller do seu país en publicar un libro de ficción co seu primeiro libro de relatos.
Traxectoria É filla do poeta qatarí Jaber bin Mohammed Al-Kuwari.. En 1992 rematou un mestrado en Traballo Social pola Universidade Helwan, e doutorouse en 1997 pola Universidade do Cairo. É profesora no departamento de Ciencias Sociais da Universidade de Qatar.
Empezou a publicar relatos a mediados da década de 1970 na revista Al-Oruba. En 1978 publicou o libro de relatos Ania wa Ghabat as-Samt wa at-Taraddud. O tema principal é o desexo da muller qatarí de ter un rol na reestruturación das normas sociais e as percepcións culturais.
En 1993 escribiu o relato The Face of An Arab Woman, que recibiu en 2001 o Premio á Creatividade do Club Social e Cultural Al Jasra. En 1999 coescribiu un libro de relatos, principalmente dirixidos ao público infantil, co autor saudita Khalil Al-Fazie.
En 1998 estivo entre a primeira xeración de directores do Consello Nacional de Cultura, Arte e Patrimonio de Quatar, a primeira axencia do goberno adicada a temática cultural no seu país.
En 2015 publicou o libro The Life Cycle in the Qatari Society Tradition, editado por Qatar Museums. O volume documenta a vida dun qatarí, baseándose en investigacións persoais e nun estudo a grande escala do Centro Folclórico dos Estados do Golfo Árabe de comezos da década de 1990. O libro inclúe numerosas ilustracións, e diversas facetas da cultura qatarí.
En 2016 escribiu dous artigos no xornal qatarí Al Raya, avogando polos dereitos da muller e alegando que a desigualdade nos dereitos entre os dous xéneros no mundo árabe non vén do islam ou do Corán, senón do desexo dos homes de controlar as mulleres. Amais, propuxo unha maior lexislación para protexer os dereitos da muller.
Notas
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Doha Categoría:Escritores de Qatar Categoría:Profesores da Universidade de Qatar Categoría:Alumnos da Universidade do Cairo Categoría:Alumnos da Universidade Helwan Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Personalidades sen imaxes